Misión cristiá
As misións pode referirse aos asentamentos ou colonias estabelecidas polos misioneiros para espallar o cristianismo,[1] para evanxelizar os nativos en rexións inhóspitas, e á súa vez prestarlles axuda humanitaria, como tamén pode referirse a organizacións relixiosas evanxélicas responsables do envío de misioneiros para a predicación.
A principal misión foi a dos xesuítas en América do Sur (Paraguai, a Arxentina, Bolivia, o Uruguai e o Brasil). O factor que motivou a súa desaparición foi a expulsión da compañía de España. Os franciscanos continuaron coas Misións da Baixa California e expandíronse cara ao Norte ou Alta California, actual estado de California (Estados Unidos de América) e foi a obra conxunta dos vicerreis cos seus gobernadores, os franciscanos, dominicos e xesuítas, os colonos e os indios. De feito a cadea de misións continuaba dende o sur da Baixa California até máis arriba de San Francisco. Tamén toda a Fronteira, dende Arizona á Florida nos actuais Estados Unidos de América.
Nos séculos XIX e XX a orde católica Fillos do Corazón de María (máis coñecida como misioneiros claretianos) participou na colonización española en América e África. Encomendóuselle a evanxelización de Guinea Ecuatorial (Guinea Española na toponimia colonial), a onde chegan en 1883.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Encyclopædia Britannica (ed.). "Mission". Consultado o 8 de xaneiro de 2013.
- ↑ "Misioneiros claretianos". Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2018.