Saltar ao contido

Mujaid Sadick Aliu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mujaid Sadick»)
Modelo:BiografíaMujaid Sadick Aliu
Biografía
Nacemento14 de marzo de 2000 Editar o valor en Wikidata (24 anos)
Logroño, España Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2017 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Deportivo da Coruña

UEFA: 250160569 Editar o valor en Wikidata

Mujaid Sadick Aliu, coñecido como Mujaid, nado en Logroño o 14 de marzo do 2000, é un futbolista español. Xoga como defensa e o seu club actual é o KRC Genk, da Primeira división belga.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Logroño, fillo de inmigrantes de Nixeria e Ghana.[1] Comezou a xogar nas categorías inferiores do Club Valvanera Deportivo da Rioxa e en 2016 incorporouse á canteira do Deportivo da Coruña.

En outubro de 2017 debutou co Real Club Deportivo Fabril na Segunda División B ás ordes de Cristóbal Parralo despois de destacar no Xuvenil 'A' da División de Honra dirixido por Rubén Coméndez.[2] O club blindou ao xogador cun contrato profesional, coa intención de que algún día chegase ao primeiro equipo.[3]

O 12 de maio de 2018 debutou na elite do fútbol español da man do adestrador holandés Clarence Seedorf na segunda metade do partido do Deportivo contra o Villarreal CF (2-4) no estadio de Riazor.[4] Fíxoo co 34 ás costas e só unhas horas despois volveu xogar, esta vez co número 4 e no centro da zaga, un partido da Copa do Rei Xuvenil, tamén con derrota deportivista (3-4).

En xullo de 2018 renovou o seu contrato co club por catro anos máis cunha cláusula de rescisión de 20 millóns de euros.[5][6] Despois do descenso á Segunda División do Deportivo, Mujaid, aínda con ficha do Fabril, comezou a xogar de xeito habitual co primeiro equipo, tanto con Luis César Sampedro como con Fernando Vázquez, e converteuse nun dos xogadores máis destacados do equipo galego a pesar da súa xuventude, disputando 28 partidos de liga e gañando en dúas ocasións o premio ao mellor xogador do mes.[7]

Na tempada 2020/21, co Deportivo na Segunda B, foi o xogador con máis minutos disputados do equipo, sendo un fixo na defensa branquiazul, que encaixou só 13 goles durante a campaña.

O 18 de maio de 2021 fíxose oficial o seu traspaso por dous millóns de euros ao KRC Genk, da Primeira división de Bélxica[8], o traspaso máis caro da historia da Segunda B.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Trofeos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club (*) País Ano
Xogos Mediterráneos Selección española sub-18 España España 2018

(*) Incluíndo a Selección

  1. "El último riojano de Primera" (en castelán). 15 de xuño de 2018. Consultado o 27 de agosto de 2020. 
  2. "Mujaid, tercer debutante juvenil en Segunda B" (en castelán). 23 de outubro de 2017. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  3. Centeno, Alexandre (7 de maio de 2018). "Mujaid, el canterano que cautiva a Seedorf". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  4. "Mujaid, del debut en Primera al equipo juvenil en 16 horas". La Vanguardia (en castelán). 13 de maio de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  5. "La cláusula de Mujaid le permite al Deportivo negociar con tranquilidad" (en castelán). 29 de marzo de 2020. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  6. "El Deportivo blinda a Mujaid para las próximas cuatro temporadas". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xullo de 2018. Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  7. Fernández, Xurxo (24 de xaneiro de 2020). "Mujaid: «Hasta mis 19 años he visto muchas cosas para aprender de los errores»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2020. 
  8. "O Deportivo e o Genk chegan a un acordo para o traspaso de Mujaid". Deportivo da Coruña. 18 de maio de 2021. Consultado o 19 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]