Mullerismo
Aparencia
O mullerismo é unha teoría social profundamente enraizada na opresión racial e de xénero das mulleres negras. Existen distintas interpretacións sobre o que o termo significa e os esforzos para achegar unha definición concisa e abranguente só tiveron un éxito marxinal. A ambigüidade dentro da teoría permite a expansión continua dos seus principios básicos.
Na súa esencia, o mullerismo é unha perspectiva de mudanza social baseada nos problemas cotiáns e experiencias das mulleres negras e doutras mulleres demograficamente minoritarias, mais de forma máis ampla procura métodos para erradicar as desigualdades non só para as mulleres negras, senón para todas as persoas.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Phillips, L. (2006). The Womanist reader. New York: Routledge.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Womanist Theology Arquivado 06 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Womanist Musings, Womanist blog (en inglés)