N. K. Jemisin
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de setembro de 1972 (52 anos) Iowa City, Estados Unidos de América |
Educación | Tulane University (pt) |
Actividade | |
Ocupación | novelista, escritora de ciencia ficción, escritora |
Período de actividade | 2002 - |
Xénero artístico | Ficción especulativa |
Pseudónimo literario | N. K. Jemisin |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Pai | Noah Jemison |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | nkjemisin.com |
Nora K. Jemisin, nada en Iowa City (Iowa) o 19 de setembro de 1972, é unha escritora de ficción científica e fantasía e psicóloga estadounidense. A súa obra explora unha ampla variedade de temas, incluíndo o conflito cultural e a opresión.[1][2] Gañou varios premios pola súa obra, incluíndo o Locus Award. Coa súa vitoria en agosto de 2018, os tres libros da serie Broken Earth, o que fixo que Jemisin fose a primeira escritora que obtivo o premio Hugo á mellor novela tres anos consecutivos.
En 2009 e 2010, o relato de Jemisin "Non-Zero Probabilities" foi finalista aos premios Nebula e Hugo ao mellor relato.[3] A súa primeira novela, The Hundred Thousand Kingdoms, primeiro volume da súa Inheritance Trilogy, foi candidata ao Nebula Award 2010, e apareceu na listaxe previa para o James Tiptree Jr. Award.[4][5] En 2011, foi candidata ao premio Hugo, o World Fantasy Award,[6] e o Locus Award, gañando o Locus á mellor primeira novela en 2011.[7] The Hundred Thousand Kingdoms tamén gañou o premio Sense of Gender en 2011. Foi seguida por outras dúas novelas na mesma triloxía, The Broken Kingdoms en 2010 e The Kingdom of Gods en 2011.
En 2016, a súa novela The Fifth Season gañou o premio Hugo á mellor novela, converténdoa no primeiro escritor afroamericano que gaña un premio Hugo nesa categoría.[8] As súas secuelas, The Obelisk Gate e The Stone Sky, gañaron o premio Hugo á mellor novela en 2017[9] e 2018,[10] respectivamente.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Jemisin naceu en Iowa City, Iowa, e creceu en Nova York e Mobile, Alabama. Viviu en Massachusetts durante dez anos e mudouse a Nova York. Jemisin asistiu á Tulane University entre 1990 e 1994, onde recibiu un B.S. en psicoloxía. Continuou a estudar asesoramiento e recibiu un mestrado en educación pola Universidade de Maryland.[11]
Carreira
[editar | editar a fonte]Graduada do obradoiro de escritura Viable Paradise de 2002,[12] Jemisin publicou relatos e novelas. Jemisin foi membro do grupo de escritores BRAWLers da área de Boston,[13] e é membro de Altered Fluid, grupo de crítica de ficción especulativa.[13]
Foi co-convidada de honra na convención de ficción científica WisCon de 2014 en Madison, Wisconsin.[14] Foi a escritora convidada de honra no Arisia 2015 de Boston.[15]
Durante o seu discurso como convidada de honra no Continuum 2013 en Australia, Jemisin sinalou que o 10% dos membros do Science Fiction and Fantasy Writers of America (SFWA) votaron polo escritor de dereita alternativa Theodore Beale (tamén coñecido como Vox Day) como presidente da asociación. Continuou chamando a Beale “un autodenominado misóxino, racista, antisemita e varios outros sabores de idiota”[16][17] e sinalou que silenciar eses asuntos era o mesmo que permitilos. Beale respondeu chamándoa “educada mais ignorante salvaxe”.[18][19] Unha ligazón aos comentarios de Beal foi rechouchiada polo Twitter do SFWA, e este foi expulsado da organización.[20]
En xaneiro de 2016, Jemisin comezou a escribir "Otherworldly", columna bimensual para o The New York Times.[21] En maio de 2016, Jemisin montou unha campaña de Patreon que logrou suficientes fondos para permitir que deixase o seu traballo como psicóloga conselleira e centrarse a tempo total na escritura.[22] No seguinte ano, Bustle chamou a Jemisin "a escritora de ficción científica da que toda muller necesita ser lectora".[23]
Vida privada
[editar | editar a fonte]Jemisin vive e traballa en Brooklyn, Nova York.[24]
É prima do cómico e presentador de televisión W. Kamau Bell.[25][26]
Bibliografía parcial
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Triloxía Inheritance
- The Hundred Thousand Kingdoms (2010)
- The Broken Kingdoms (2010)
- The Kingdom of Gods (2011)[27]
- Duoloxía Dreamblood
- The Killing Moon (2012)[28]
- The Shadowed Sun (2012)
- Serie Broken Earth
- The Fifth Season (agosto de 2015)
- The Obelisk Gate (agosto de 2016)[22]
- The Stone Sky (agosto de 2017)
Relatos
[editar | editar a fonte]- "L'Alchimista", publicado en Scattered, Covered, Smothered, Two Cranes Press, 2004.
- "Too Many Yesterdays, Not Enough Tomorrows", Ideomancer, 2004.
- "Cloud Dragon Skies", Strange Horizons, 2005.
- "Red Riding-Hood's Child", Fishnet, 2005.
- "The You Train", Strange Horizons, 2007.
- "Bittersweet", Abyss & Apex Magazine, 2007.
- "The Narcomancer", Helix, reimpreso en Transcriptase, 2007.
- "The Brides of Heaven", Helix, reimpreso en Transcriptase, 2007.
- "Playing Nice With God's Bowling Ball", Baen's Universe, 2008.
- "The Dancer's War", publicado en Like Twin Stars: Bisexual Erotic Stories, Circlet Press, 2009.
- "Non-Zero Probabilities", Clarkesworld Magazine, 2009.
- "Sinners, Saints, Dragons, and Haints in the City Beneath the Still Waters", Postscripts, 2010.
- "On the Banks of the River Lex", Clarkesworld Magazine, 11/2010
- "The Effluent Engine", publicado en Steam-Powered: Lesbian Steampunk Stories, Torquere Press, 2011
- "The Trojan Girl", Weird Tales, 2011
- "Valedictorian", publicado en After: Nineteen Stories of Apocalypse and Dystopia, Hyperion Book CH, 2012
Coleccións de relatos
[editar | editar a fonte]- How Long 'til Black Future Month? (novembro de 2018)
Non ficción
[editar | editar a fonte]- Geek Wisdom: The Sacred Teachings of Nerd Culture (coescrita con Stephen H. Segal, Genevieve Valentine, Zaki Hasan, e Eric San Juan, 2011)[29]
Cómics
[editar | editar a fonte]- Far Sector #1-Ongoing (con Jamal Campbell, DC Comics, 2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "N.K. Jemisin on THE HUNDRED THOUSAND KINGDOMS". Orbit Blog (Blog). Orbit Books. 22 de agsoto de 2012. Consultado o 28 de agosto de 2018.
- ↑ Novik, Naomi (12 de agosto de 2015). "Book Review: 'The Fifth Season,' by N. K. Jemisin". The New York Times. Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ Jemisin, N. K. (setembro de 2009). "Non-Zero Probabilities". Clarkesworld Magazine (36). Consultado o 16 de agosto de 2017.
- ↑ "2010 Award Winners & Nominees". Worlds Without End. Tres Barbas, LLC. Consultado o 28 de agosto de 2018.
- ↑ "2010 James Tiptree, Jr. Award". James Tiptree, Jr. Literary Award (en inglés). James Tiptree Jr. Literary Council. 21 de marzo de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2018.
- ↑ "World Fantasy Nominees and Lifetime Achievement Winners". Locus. 28 de xullo de 2011.
- ↑ "Locus Awards 2011 Winners". Locus. 25 de xuño de 2011.
- ↑ Alter, Alexander (24 de agosto de 2016), "N. K. Jemisin on Diversity in Science Fiction and Inspiration From Dreams", The New York Times.
- ↑ "2017 Hugo Awards". Consultado o 11 de agosto de 2017.
- ↑ "2018 Hugo Awards". 19 de agosto de 2018.
- ↑ "N.K. Jemisin: Rites of Passage". Locus. 18 de agosto de 2010.
She studied psychology at Tulane in New Orleans, and went to grad school to study counseling at the University of Maryland-College Park.
- ↑ "N.K. Jemisin: Rites of Passage". Locus. 18 de agosto de 2010. Consultado o 7 de setembro de 2016.
- ↑ 13,0 13,1 Jones, Jeremy L. C. (agosto de 2010). "Even the Best Stories Have Flaws: Inside Altered Fluid". Clarkesworld Magazine.
- ↑ "Announcing WisCon 38's Guests of Honor: Hiromi Goto and N.K. Jemisin" A Momentary Taste of WisCon 37 (Elizabeth Stone, ed.) Issue #4 (26 de maio de 2013), páx. 2.
- ↑ "Guest of Honor Bios". Arisia 2015.
- ↑ Orixinal en inglés: “A self-described misogynist, racist, anti-Semite, and a few other flavors of asshole”.
- ↑ Khanna, Rajan (26 de novembro de 2013). "Controversies Inside the World of Science Fiction and Fantasy". Consultado o 8 de setembro de 2016.
- ↑ Orixinal en inglés: “Educated but ignorant savage”.
- ↑ El-Mohtar, Amal (13 de xuño de 2013). "Calling for the Expulsion of Theodore Beale from SFWA". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2016. Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ "SFWA Board Votes to Expel Beale". Locus. 14 de agosto de 2013.
- ↑ Zutter, Natalie (4 de xaneiro de 2016). "N.K. Jemisin Launches SFF Column at The New York Times Book Review". Tor.com. Consultado o 13 de agosto de 2017.
- ↑ 22,0 22,1 Kehe, Jason (7 de xuño de 2016). "WIRED Book Club: Fantasy Writer N.K. Jemisin on the Weird Dreams That Fuel Her Stories". Wired. Consultado o 7 de setembro de 2016.
- ↑ Wilson, Kristian (10 de xaneiro de 2017). "The Sci-Fi Writer Every Woman Needs To Be Reading Has 3 New Books Coming". Bustle (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2017.
- ↑ Payne, Marshall (28 de xuño de 2011). "Nebula Awards 2010 Interview: N.K. Jemisin". SFWA. Consultado o 14 de xaneiro de 2016.
- ↑ Bell, W. Kamau. The Awkward Thoughts of W. Kamau Bell. Nova York, NY: Dutton, 2017, páx. 24, 28. ISBN 978-1-101-98587-8.
- ↑ Schaub, Michael (22 de agosto de 2016). "Women and writers of color win big at Hugo Awards and the Puppies are even sadder". Los Angeles Times.
- ↑ "The Inheritance Trilogy". Nkjemisin.com.
- ↑ Das, Indrapramit (2 de maio de 2012). "In Dreams: N.K. Jemisin's The Killing Moon". Slant Magazine. Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 8 de outubro de 2012.
- ↑ Jemisin, N. K.; Valentine, Genevieve; San Juan, Eric; Hasan, Zaki (2011). Segal, Stephen H., ed. Geek Wisdom: The Sacred Teachings of Nerd Culture. Quirk Books. ISBN 9781594745270.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: N. K. Jemisin |