Navegación marítima
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2019) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
A navegación marítima é a arte e a ciencia de conducir unha embarcación do punto de partida ao punto de arribo, eficientemente e con responsabilidade. É ciencia no sentido de basearse en coñecementos físicos, matemáticos, oceanográficos, cartográficos, astronómicos etc. A navegación pode ser superficial ou submarina.
Técnicas de navegación marítima
[editar | editar a fonte]Son os métodos que se utilizan en navegación marítima principalmente para:
- Determinar a súa posición.
- Determinar o rumbo.
- Determinar o tempo, a velocidade e distancia, mentres dure a viaxe.
- Coñecer a "profundidade" na que se esta navegando para non encallar.
Navegación costeira
[editar | editar a fonte]Navegación e situación do buque, por técnicas de localización baseadas na observación de demoras ou distancias a puntos notables da costa por medios visuais (faros, cabos, aboias,...) ou métodos electrónicos (demoras de radar a racons, transpondedores, ...).
Navegación por estima
[editar | editar a fonte]Navegación e situación do buque por medios analíticos, unha vez tidos en conta os seguintes elementos: situación inicial, Rumbo(s) levados, Velocidade e así como os factores externos que influíron durante todo ou unha parte da derrota, por exemplo o Vento (Abatemento) e/ou a Corrente (Dirección da Corrente e Intensidade Horaria da Corrente). O punto resultante dos cálculos denomínase Situación de Estima, coa súa latitude e Lonxitude de Estima.
A navegación por estima ten en conta unha superficie moi pequena do globo terrestre e asume unha aproximación ao supor a superficie plana, por iso é só axeitada para distancias curtas.
Navegación loxodrómica
[editar | editar a fonte]Navegación loxodrómica é a que se efectúa seguindo un mesmo rumbo, é dicir, cortando todos os meridianos co mesmo ángulo. No gráfico R. Na proxección Mercator, que é coa que están construídas todas as cartas náuticas, unha loxodromia represéntase por unha recta. Este tipo de navegación é útil para distancias medias, xa que ofrece a conveniencia de manter un rumbo constante, pero non indica a distancia máis curta, polo que non adoita ser adecuado para grandes distancias.
Navegación ortodrómica
[editar | editar a fonte]É a que segue a distancia máis curta entre dous puntos é dicir, é a que segue un círculo máximo. Para facer os cálculos de rumbo e distancia entre dous puntos é necesario resolver un triángulo esférico cuxos vértices son a orixe, o destino e o polo.
Navegación astronómica
[editar | editar a fonte]É a navegación e situación do buque, por técnicas de localización baseadas na observación das estrelas e demais corpos celestes. As variables medidas para achar a situación, son, a altura angular observada dos astros sobre o horizonte, medida co sextante (antigamente co astrolabio ou outro instrumento) e o tempo medido co cronómetro.
Conceptualmente o proceso non é complexo de entender. Sabendo o momento da observación e cos datos contidos no almanaque náutico, é posible determinar as coordenadas astronómicas do astro observado. Sabendo as coordenadas do astro observado e a altura sobre o horizonte con que foi observado podemos deducir que a posición do observador está situada nun círculo cuxo centro está situado no punto xeográfico situado directamente baixo o astro. Calquera observador situado en calquera punto dese círculo observará o astro coa mesma altura sobre o horizonte. O observador pode saber xa que logo que a súa posición é nalgún punto deste círculo.
Na práctica, o proceso matemático de "redución" da observación pode resultar complexo para os non iniciados. Á altura observada co sextante é necesario aplicarlle unha serie de correccións para compensar a refracción atmosférica, paralaxe e outros erros. Unha vez feito isto é necesario resolver por métodos matemáticos e trigonométricos un triángulo esférico. Hai moitos métodos para facer isto. Os métodos manuais utilizan táboas (trigonométricas, logaritmos etc.) para facilitar os cálculos. A aparición a finais do século XX das calculadoras e computadoras electrónicas facilitou grandemente o cálculo pero a aparición do GPS pouco despois converteu axiña a navegación astronómica en algo obsoleto.
Navegación electrónica
[editar | editar a fonte]É a navegación e situación do buque, por técnicas de localización baseadas nas axudas obtidas polos sistemas de localización Global como o GPS, GLONASS ou o posible futuro sistema espacial Europeo GALILEO. É o sistema máis estendido e de maior facilidade de uso, a pesar dos erros que poden derivarse.
Navegación inercial
[editar | editar a fonte]É a navegación e situación do buque, por medio da integración dos datos ofrecidos por acelerómetros e/ou xiroscopios situados a bordo, que integran en complexos sistemas electrónicos as aceleracións sufridas, que convertidas en velocidades (nos 3 eixos posibles de desprazamento) e en función dos Rumbos observados, posibilitan a obtención a posición.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Navegación marítima |