Nakano Takeko
Nome orixinal | (ja) 中野竹子 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1847 Edo, Xapón |
Morte | 10 de outubro de 1868 (20/21 anos) Aizu, Xapón (pt) |
Actividade | |
Ocupación | Onna-musha |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra Boshin |
Nakano Takeko (中野 竹子?), nada en 1847 e finada en 1868, foi unha samurai xaponesa, ou onna-bugeisha, do dominio de Aizu, que loitou e morreu durante a guerra Boshin. Nakano, nada en Edo, era a filla de Nakano Heinai, un oficial de Aizu. Foi adestrada nas artes marciais e instruída en literatura, e foi adoptada polo seu mestre Akaoka Daisuke.[1] Despois de traballar co seu pai adoptivo na instrución de artes marciais durante a década de 1860, Nakano entrou en Aizu por vez primeira en 1868.[1]
Durante a batalla de Aizu, loitou cunha naginata (unha arma de hasta xaponesa) e foi a líder ad hoc das forzas femininas de combate que loitaron independentemente na batalla, xa que os retenedores de Aizu non lle permitiron loitar como parte oficial do exército do dominio.[2] Esta unidade foi coñecida posteriormente como o exército de mulleres (娘子隊 Jōshitai?).
Mentres lideraba unha carga contra as tropas do Exército Imperial Xaponés do dominio Ōgaki,[3] recibiu un disparo mortal no peito. No canto de deixar que o inimigo capturase a súa testa como un trofeo, pediulle á súa irmá, Yūko, que lla cortase e a enterrase. Foi levada ó templo Hōkai (na actual Aizubange, Fukushima) e enterrada debaixo dun piñeiro.[1]
Un monumento dedicado a ela foi erixido a carón da súa tumba no templo Hōkai; e o almirante da Mariña Xaponesa Dewa Shigetō estivo involucrado na súa construción.[1]
Durante o festival anual de outono en Aizu, un grupo de mullere mozas vestindo hakama e bandanas brancas toman parte nunha procesión, conmemorando as accións de Nakano e a súa banda de mulleres loitadores do Joshigun.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Yamakawa Kenjirō; Munekawa Toraji (1926). Hoshū Aizu Byakkotai jūkyūshi-den. Wakamatsu: Aizu Chōrei Gikai. pp. 63–64.
- ↑ Hoshi Ryōichi (2006). Onnatachi no Aizusensō. Tokyo: Heibonsha. p. 80.
- ↑ Yamakawa Kenjirō; Munekawa Toraji (1926). Hoshū Aizu Byakkotai jūkyūshi-den. Wakamatsu: Aizu Chōrei Gikai. p. 69.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nakano Takeko |
A Galipedia ten un portal sobre: Muller |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hoffman, Michael (9 de outubro de 2011). The Japan Times, ed. "Women warriors of Japan".
- Kincaid, Chris (9 de agosto de 2015). "Japan’s Warrior Women". Japan Powered. (incl. "The Women's Army – the Joshigun")
- Smithsonian Institution (2015). "Samurai Warrior Queens". Smithsonian Channel. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2019. Consultado o 03 de novembro de 2017.
- Szczepanski, Kallie (1 de abril de 2017). "Images of Samurai Women". ThoughtCo.