Nemetobriga
Nemetobriga é o topónimo romano, utilizando palabras celtas romanizadas, dun poboado prerromano, aludido polo astrónomo Tolomeo como a cidade máis habitada da tribo dos tiburos, tribo ástur, que podería estar na actual Pobra de Trives.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O nome Nemetobriga procede de nemeton[1][2] (lugar sacro ou sagrado) e briga[3] (altura, fortaleza). Ambas atópanse nos nomes de moitos lugares de Europa relacionados cos celtas: Nemetacum (na Gallia Belgica, cidade francesa Arras), *Nemetodurum (cidade francesa de Nanterre), Vernemetum (no condado de Nottinghamshire en Inglaterra), Medionemetum (en Escocia) para o primeiro formante, e para o segundo Brigae (Brzeg, en Polonia), Brigantia, (Briançon en Francia); Attobriga (Weltenburg, Baviera, Alemaña); Cantabriga (Cambridge, Inglaterra) etc.
Situación
[editar | editar a fonte]Hai varias opinións sobre a situación do poboado. O filólogo francés Georges Dottin opinaba en 1915 que estaba preto de Ponte Navea, na estrada de Ourense á Pobra de Trives xa preto desta última. Por aquí pasaba unha vía militar romana, a Vía Nova ou Vía XVIII segundo o itinerario de Antonino. Mentres, a maioría de arqueólogos e historiadores a sitúan no que hoxe é Trives Vello.
En 1977 a revista estadounidense National Geographic publicou un mapa da Europa Celta e nel figuraba Nemetobriga como o principal centro relixioso da Hispania celta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DELAMARRE, Xavier (2001): Dictionnaire de la langue gauloise. s. v. nemeton pp. 197-198.
- ↑ "A Nosa Historia". historia246.rssing.com. Consultado o 2023-11-12.
- ↑ DELAMARRE, Xavier (2001): Dictionnaire de la langue gauloise. s. v. briga pp. 74-75.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dottin, Georges. (1904) La religion des Celtes. (arquivo online)