Neon Genesis Evangelion (manga)
Neon Genesis Evangelion (新世紀エヴァンゲリオン Shin Seiki Evangelion?) é unha adaptación ó manga do anime homónimo creada por Yoshiyuki Sadamoto (guión e ilustración) e o cofundador de Gainax Hideaki Anno (traballo orixinal) publicada por Kadokawa Shoten. A súa publicación comezou na entrega de febreiro de Shōnen Ace en decembro de 1994 e rematou en xuño de 2013.[1] Está composto por 96 capítulos ou "stages" recompilados en 14 volumes. Aínda que se publicou inicialmente antes do debut do anime co fin de promocionalo, co tempo foi rapidamente adiantado pola serie de televisión e só concluíu logo de 16 anos despois do filme O final de Evangelion.
Historia
[editar | editar a fonte]Neon Genesis Evangelion foi creada despois dunha reunión entre Hideaki Anno e King Records en 1993. Aínda que primeiro concibiuse o anime, anticipouse a publicación da manga. A idea era aumentar o interese do público sobre a inminente serie de televisión mentres esta aínda se atopaba en produción. Debido a varios atrasos, finalmente esta última emitiuse o 4 de outubro de 1995, dez meses despois da estrea do manga .
Para entón, a trama do manga de Sadamoto xa alcanzara a batalla contra Ramiel, arco argumental que logo correspondería ós tres primeiros volumes e os seis primeiros episodios do anime. Porén, a serie rapidamente adiantaría ó manga, xa que os stages correspondentes ó episodio 8 e ó cuarto tomo non serían publicados até un ano despois de rematar o anime.[2] Sadamoto continuaría traballando lentamente no manga mentres dividía o seu tempo xunto a outros proxectos, publicando aproximadamente un novo volume (un dos 12 planeados inicialmente) cada un ano e medio.
Malia que o manga estivo activo durante máis de 15 anos, só se publicaron 13 tomos. A razón débese a que mentres a periodicidade aparente era un novo stage cada edición mensual da revista Shōnen Ace, o ritmo real de Sadamoto era irregular. Por exemplo, pasaron dous anos entre a publicación no Xapón do volume cuarto e quinto.[3]
En 2008 anunciouse que o manga Neon Genesis Evangelion estaba a chegar ó seu final. En xullo de 2009 foi trasladado a Young Ace, unha nova revista seinen da editorial Shoten.[4] Seguiu publicándose até a entrega de xaneiro de 2010, cando Sadamoto paralizou a súa publicación para poder dedicarse a traballar de cheo no filme de Rebuild of Evangelion. A edición de decembro de 2010 de Young Ace anunciou que renovaría en "inverno" (inicios de 2011) e logo a entrega de abril de 2011 anunciou que o próximo stage sería publicado o 4 dese mesmo mes.[5]
O 12 de febreiro de 2012 publicouse a primeira metade do stage 90, o cal volveu narrar o Terceiro Impacto visto no episodio 26' de O final de Evangelion e é supostamente o derradeiro capítulo.[6] O 2 de maio de 2012 Kadokawa Shoten anunciou que o décimo terceiro volume do manga sería publicado o 2 de novembro do mesmo ano. En resposta Anime News Network sinalou que "nin Sadamoto nin Kadokawa confirmaron que o volume 13 será o último".[7] Finalmente, en xuño de 2013, logo de 18 anos de publicación e interrupcións, publicouse o último capítulo da serie. Posteriormente, anunciouse a recompilación do décimo cuarto e último volume con material orixinal extra para o 20 de novembro de 2014.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Timeline (pg 16), Takeda 2002. pg 162 of Fujie 2004.
- ↑ Takeda 2002
- ↑ Neon Genesis Evangelion Vol.5 (Author's Notes). Viz Media. ISBN 1-59116-403-6.
You've been anxiously waiting for two years! Vol. 5 is finally here! First, I'd like to give a heartfelt "thank you" to those of you who bought this book and are reading it now. I know you kind souls won't ask any questions about why it is so late, and will wait just as patiently for Vol. 6. Yes... I know you'll wait. I think you'll wait. Probably.
- ↑ "News: Kadokawa to Launch Young Ace Magazine with Eva in July (Update 2)". 21 de marzo de 2009. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ "Sadamoto's Evangelion Manga to Resume in April". Anime News Network. 2 de marzo de 2011. Consultado o 5 de setembro de 2011.
- ↑ "Sadamoto finally putting an end to Evangelion manga". Japanator. Consultado o 23 de febreiro de 2012.
- ↑ "Evangelion Manga Volume 13 slated for November 2". Anime News Network. 1 de maio de 2012. Consultado o 2 de decembro de 2012.
- ↑ "Evangelion Manga's Final Volume to Add 28 New Pages". Consultado o 30 de abril de 2014.