Saltar ao contido

Nicholas Hoult

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNicholas Hoult

(2024) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Nicholas Caradoc Hoult Editar o valor en Wikidata
7 de decembro de 1989 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Wokingham, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaHuntington Beach (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristián Editar o valor en Wikidata
Educaciónescola Sylvia Young de teatro
Sixth Form College, Farnborough (en) Traducir
Ranelagh School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor infantil, actor, actor de dobraxe, produtor de cinema, actor de teatro, actor de cinema, produtor delegado Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoTrombón Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBryana Holly Keilana Bezlaj Editar o valor en Wikidata
ParentesAnna Neagle, tía avoa
Herbert Wilcox, tío avó Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0396558 Allocine: 79356 Rottentomatoes: celebrity/nicholas_hoult Allmovie: p230492 TCM: 551020 Metacritic: person/nicholas-hoult TV.com: people/nicholas-hoult
Facebook: NicholasHoult Twitter: NicholasHoult Instagram: nicholashoult BNE: XX5523067 Musicbrainz: 15224957-0b66-48ce-bb3e-ed9a4807c201 Discogs: 4270335 WikiTree: Hoult-317 Editar o valor en Wikidata

Nicholas Caradoc Hoult, nado en Berkshire o 7 de decembro de 1989, é un actor, modelo e produtor de cine e televisión británico.

Hoult é un actor versátil que leva actuando desde os tres anos de idade; debutou no cine coa película Intimate Relations (1996) despois de ser elixido para o papel aos cinco anos. O seu primeiro papel importante no cine chegou na comedia dramática About a Boy (2002) interpretando ao excéntrico Marcus Brewer. Con 17 anos interpretou o personaxe de Tony Stonem, o atractivo pero manipulador líder do grupo que lle axudou a facer a transición de actor infantil a papeis máis escuros na industria na serie para adolescentes británica Skins (2007-2008) acadando un grande éxito e recoñecemento. O seu salto a Hollywood comezou co drama A Single Man (2019), polo que obtivo un nomeamento aos premios BAFTA, e interpretando ao mutante Hank McCoy na franquía de superheroes X-Men: First Class (2011-2019). En 2013 gravou Mad Max: Furia na estrada (2015) na que Hoult asume o papel de Nux, membro do exército dos War Boys, papel que o consolidou como actor de acción. Tamén interpretou a Jack na película de aventuras fantástica Jack the Giant Slayer (2013) e a un zombie na comedia romántica de culto Warm Bodies (2013). Protagonizou varias películas independentes antes de interpretar a varias figuras históricas como Robert Harley na comedia negra The Favourite (2018), o escritor J. R. R. Tolkien en Tolkien (2019) e Pedro III de Rusia na serie de comedia dramática The Great (2020-2023). O seu traballo neste último valeulle nomeamentos a dous Premios Globo de Ouro e a un Primetime Emmy. Tamén protagonizou as comedias negras Kill your friends (2015), The Menu (2022), Renfield (2023) e a película de terror gótica Nosferatu (2024).

A súa filmografía inclúe traballos de apoio en producións mainstream de grande orzamento e papeis protagonistas en proxectos independentes nas industrias cinematográficas estadounidense e británica. Dende 2020 ten a súa propia produtora cinematográfica coñecida como Dead Duck Films.