Saltar ao contido

STS-51-I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-51-I
Lanzamento da misión STS-51-I.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento27 de agosto de 1985, 10:58 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión7,10 días[6]
Obxectivo da misiónPosta en órbita de varios satélites e recuperación e reparación do Leasat 3 (Syncom IV-3).[3][6]
Regreso3 de setembro de 1985[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1985-076A

STS-51-I foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 27 de agosto de 1985 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-51-I, con cinco astronautas a bordo (Joe Engle, Richard Covey, James van Hoften, William Fisher e John Lounge), foi posta en órbita para lanzar os satélites Aussat 1, ASC 1 e Leasat 4 (Syncom IV-4). Tamén, por primeira vez, recuperou e reparou en órbita un satélite, o Leasat 3 (Syncom IV-3), lanzado pola misión STS-51-D. A tripulación fixo varios experimentos a bordo, entre eles o PVTOS. Fisher e van Hoften fixeron dúas actividades extravehiculares, totalizando 11 horas e 51 minutos fora do transbordador.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 3 de setembro de 1985.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 51I" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 10 February 1986 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-06959). 11 de marzo de 1986: 3. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 51I" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS 51-I" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-51-I" (en inglés). Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (14 de marzo de 2008). "STS-51I" (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]