Soviet Supremo da Unión Soviética
Soviet Supremo da Unión Soviética Верховный Совет СССР | |
---|---|
Datos xerais | |
Ámbito | Unión Soviética |
Creación | 1938 |
Término | 1991 |
Tipo | Bicameral |
Sede(s) | |
Sede do Soviet Supremo da Unión Soviética no Kremlin, nunha fotografía do ano 1982. |
O Soviet Supremo da Unión Soviética (en ruso Верховный Совет СССР, Verkhóvnyj Sovét SSSR) foi o soviet supremo e como tal o corpo lexislativo superior da Unión Soviética entre 1938 e 1989 e o único con capacidade para establecer emendas constitucionais. Entre 1989 e 1991 o Congreso dos Deputados do Pobo da Unión Soviética designou os seus membros. Elixía o Presidium, formaba o Consello de Ministros, o Tribunal Supremo, e designaba o Procurador Xeral da Unión Soviética.
Estrutura
[editar | editar a fonte]O Soviet Supremo compúñase de dúas cámaras, cada unha con iguais poderes lexislativos, e nas dúas os seus membros elixíanse por un período de catro anos[1].
- O Soviet da Unión, elixido sobre a base da poboación da URSS, un deputado por cada 300.000 persoas.
- O Soviet das Nacionalidades, representando ás nacionalidades, con 32 deputados por cada unha das repúblicas, 11 por cada república autónoma, cinco por cada oblast autónomo e unha por cada okrug autónomo
O número total de membros variou entre os 1556 de 1974 e os 542 de 1989. O Presídium levaba os asuntos do día a día do Soviet Supremo cando non estaba en sesión.
Presidente do Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética (1938–1989)
[editar | editar a fonte]- Mikhail Kalinin 1938–1946
- Nikolai Shvernik 1946–1953
- Kliment Voroshilov 1953–1960
- Leonid Brezhnev 1960–1964
- Anastas Mikoyan 1964–1965
- Nikolai Podgorny 1965–1977
- Leonid Brezhnev (segundo mandato) 1977–1982
- Yuri Andropov 1982–1984
- Konstantin Chernenko 1984–1985
- Andrey Gromyko 1985–1988
- Mikhail Gorbachev 1 de outubro de 1988 – 25 de maio de 1989
Presidente do Soviet Supremo da Unión Soviética (1989–1991)
[editar | editar a fonte]- Mikhail Gorbachev 25 de maio de 1989 - 15 de marzo de 1990
- Anatoli Lukyanov 15 de marzo de 1990 - 22 de agosto de 1991
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Grande Enciclopedia Soviética, 3ª edición, entrada "Верховный Совет СССР" [1][Ligazón morta]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Soviet
- Presidium do Soviet Supremo da Unión Soviética
- Da Zdravstvuiet Nasha Derzhava - Himno do Presidente do Soviet Supremo