Saltar ao contido

Sonny Chiba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSonny Chiba

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 千葉 真一 Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ja) 前田 禎穂 Editar o valor en Wikidata
22 de xaneiro de 1939 Editar o valor en Wikidata
Fukuoka, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte19 de agosto de 2021 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Kimitsu, Xapón Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor en Wikidata
Catedrático de universidade
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónNippon Sport Science University (en) Traducir
Chiba Prefectural Kisarazu High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, karateka, especialista de cinema, cantante, compositor, letrista, produtor de cinema, director de cinema, judoka, seiyū, stunt coordinator (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorKyoto University of the Arts and Design (pt) Traducir
Toei Company (pt) Traducir
Japan Action Enterprise (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoKayōkyoku (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoNippon Crown (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportejudo Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (1996–2015), divorcio
Yōko Nogiwa (1972–1994) Editar o valor en Wikidata
FillosJuri Manase, Mackenyu, Gordon Maeda Editar o valor en Wikidata
IrmánsJirō Yabuki Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSonny Chiba, Japanese Star With a ‘Kill Bill’ Connection, Dies at 82 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webchibashinichi.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0002002 Allocine: 15623 Rottentomatoes: celebrity/sonny_chiba Allmovie: p12789 TCM: 33401 TV.com: people/sonny-chiba
BNE: XX1215487 Spotify: 0Q7WLZPB1MTGaY7Mx1kB0p Last fm: 千葉真一 Musicbrainz: c809cb58-894e-4eab-b88c-83f14573043c Discogs: 7488433 WikiTree: 前田-110 Editar o valor en Wikidata

Sadaho Maeda (前田 禎穂, Maeda Sadaho), nado en Fukuoka o 23 de xaneiro de 1939 e finado en Kimitsu o 19 de agosto de 2021,[1] foi un actor xaponés, máis coñecido como Sonny Chiba. Foi un dos primeiros actores do cinema das artes marciais que acadou a fama, primeiro no Xapón e despois internacionalmente.[2] Unha das súas máis coñecidas actuacións foi en Kill Bill Volume 1, interpretando a Hattori Hanzo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Chiba foi o terceiro de seis fillos da familia dun piloto de probas militares.[3] Cando era neno, manifestou tanto no teatro como na ximnasia, e nesta última disciplina foi tan serio como para gañar un lugar no equipo olímpico xaponés nos últimos anos da súa adolescencia ata que se retirou por unha lesión nas costas.[4] Mentres era estudante universitario, comezou a practicar artes marciais co recoñecido mestre Karate Kyokushin Masutatsu "Mas" Oyama (a quen máis tarde retratou nunha triloxía de filmes), o que o conduciu a converterse en cinto negro (primeiro dan) o 15 de outubro de 1965. Obtivo o seu cuarto grao o 20 de xaneiro de 1984.[5]

Sonny Chiba en marzo de 2005.

Nalgún momento arredor de 1960[6] foi descuberto nunha procura de talentos chamada "New Face" polo estudo cinematográfico Toei, e comezou a súa carreira na pantalla pouco despois como Shinichi Chiba. A súa carreira como actor iniciouse na televisión, protagonizando dous programas de superheroes de Tokusatsu, primeiro substituíndo a Susumu Wajima como personaxe principal Kotarô Ran/7-Color Mask en Nana-iro kamen e posteriormente, na segunda metade da serie, a Gorō Narumu en Allah no Shisha. O seu debut no cinema e primeiro papel como protagonista foi nos filmes de ficción científica de 1961 Invasion of the Neptune Men. Máis tarde ese ano, Chiba apareceu no primeiro filme de Kinji Fukasaku, Wandering Detective: Tragedy in Red Valley, que marcou o comezo dunha longa serie de colaboracións entre os dous. Durante a seguinte década, foi contratado principalmente para filmes de suspense. O filme que lanzou a Chiba internacionalmente foi The Street Fighter (1974), estreado en occidente dobrado en inglés, por New Line Cinema. O filme e as súas secuelas convertérono no rei das artes marciais xaponesas durante as dúas seguintes décadas.[7][8] O fundador de New Line Cinema Robert Shaye foi quen deu a Chiba o nome inglés "Sonny",[9] que adoptou principalmente para os seus proxectos non xaponeses.

Os seus proxectos posteriores incluíron traballos como Bullet Train (1975), Karate Warriors (1976), Doberman Cop (1977) e The Assassin (1977). Tamén de cando en vez volveu ao xénero de ficción científica, en filmes como Uchu kara no messeji (1978). Chiba traballou aínda máis na década de 1980, participando en ducias de longametraxes e incursións na televisión e con papeis en aventuras de alto perfil como o popular filme de Hong Kong baseado nun cómic The Storm Riders (1998), protagonizado xunto a Ekin Cheng e Aaron Kwok.

Cando tiña cincuenta anos volveu traballar co nome de Shinichi Chiba como coreógrafo de escenas de artes marciais. Nos inicios do século XXI, Chiba interpretou longametraxes e series de televisión no Xapón, con papeis en Deadly Outlaw: Rekka de Takashi Miike e Battle Royale II dos directores Kenta e Kinji Fukasaku, que efectivamente superaron o abismo entre as lendas cinematográficas de culto de diferentes épocas. A duradeira carreira de Chiba na pantalla recibiu unha homenaxe cando apareceu nun papel clave como Hattori Hanzo, dono dun restaurante de suxi e samurai artesán de espadas retirado, na épica de vinganza sanguenta do director Quentin Tarantino Kill Bill en 2003.

Chiba protagonizou máis de 125 filmes de Toei Studios e gañou numerosos premios no Xapón polos seus traballos.[10] En novembro de 2007 anunciou a retirada do nome artístico Shinichi Chiba para pasar a ser coñecido no Xapón como J.J. Sonny Chiba (JJサニー千葉 Justice Japan Sanī Chiba?) como actor e como Rindō Wachinaga (和千永倫道 Wachinaga Rindō?) como director.[11]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

En 1972 casou con Yoko Nogiwa. A parella tivo unha filla actriz (Juri Manase),[12] mais divorciáronse en 1994.

En 1996 casou con Tamami. A parella tivo dous fillos, os actores Mackenyu (前田真剣佑 Maeda Makkenyū?), nado o 16 de novembro de 1996, e Gordon Maeda (郷敦?), nado en 1998.[13]

O seu irmán máis novo, Jirō Yabuki, tamén coñecido como Jiro Chiba, foi tamén actor.[14]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. 千葉真一さん死去 82歳 新型コロナ感染し療養も肺炎悪化、8日入院も Arquivado 21 de agosto de 2021 en Wayback Machine. (en xaponés)
  2. "Shinichi Chiba". TV Tropes. Consultado o 2020-09-13. 
  3. Chibaryū samurai eno michi, pp.81 – 82.
  4. Chiba, Shinichi (2008). Chiba Shinichi aratame Wachinaga Rindo. Yama-to-Keikokusha. ISBN 4635340228. 
  5. "International Karate Organization KYOKUSHINKAIKAN Domestic Black Belt List As of Oct.2000". Kyokushin karate sōkan : shin seishin shugi eno sōseiki e (Aikēōshuppanjigyōkyoku): pp.62–64. 2001. ISBN 4816412506. 
  6. A data é dubidosa, xa que é posible que aparecese na televisión xa en 1959
  7. "SPORTS CITY". Kamakura Shobo 1 (2): 32. 1981. 
  8. "Honke Bruce Lee wo shinogu Chiba Shinichi" [Shinichi Chiba surpasses Bruce Lee as the movie star of martial arts]. Sports Hochi (en xaponés) (Tokyo). 27 de decembro de 1974. 
  9. Liebenson, Donald (28 de xaneiro de 1996). "Private Lives : Home Entertainment, Family Activities : Video : 'The Street Fighter' Scratches a Niche : Japanese action star Sonny Chiba is coming to America, and he's bringing blood and gore with him.". Los Angeles Times. Consultado o 6 de maio de 2019. 
  10. Ragone, August. "SHINICHI "SONNY" CHIBA: A Real Mean Bastard!". Henshin!Online. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2002. Consultado o 23 de decembro de 2014. 
  11. "千葉真一「JJサニー」に改名!映画監督としては「和千永倫道」 Arquivado 23 de novembro de 2007 en Wayback Machine.." Sankei Shimbun.
  12. "女優 真瀬樹里さん 母・野際陽子との確執…30過ぎでついに爆発". 東京スクスク. Consultado o 2020-11-30. 
  13. "千葉真一、芸能生活60周年! 新田真剣佑&眞栄田郷敦&真瀬樹里に“格言”を授ける". eiga.com. Consultado o 2020-11-30. 
  14. "スター千葉真一の弟はきこり?". tbs. Consultado o 2020-11-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]