Secretaría Xeral de Política Lingüística
Aparencia
Secretaría Xeral de Política Lingüística | |
---|---|
Tipo | secretaría xeral |
Organización matriz | Consellería de Cultura, Educación e Universidade |
País | Galiza |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Secretaría Xeral de Política Lingüística é un órgano da Xunta de Galicia encargado da regulación do idioma galego. É un órgano dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O seu titular actual é Valentín García Gómez.[1]
Funcións
[editar | editar a fonte]As principais funcións da Secretaría Xeral de Política Ligüística son:
- Promover, impulsar e elaborar propostas lexislativas e regulamentarias que potencien a normalización lingüística e o fomento do uso da lingua galega.
- Cooperar coa Comisión Interdepartamental da Xunta de Galicia para a Normalización Lingüística e impulsar e coordinar as medidas de política lingüística dos departamentos da Xunta de Galicia mediante a achega do soporte técnico necesario.
- Programar e desenvolver medidas para o fomento do uso do idioma galego nos diferentes eidos sociais e económicos de Galicia, co fin de incrementar a dispoñibilidade de produtos e servizos en galego.
- Planificar e desenvolver campañas e medidas de fomento do uso, coñecemento e difusión do galego dentro e fóra do territorio lingüístico galego.
- Promover, coordinar e desenvolver a política de investigación que favoreza a normalización lingüística nas súas diferentes manifestacións, especialmente no eido do léxico e a terminoloxía.
- Emitir informe sobre os proxectos de disposicións normativas de carácter xeral que promovan os departamentos da Xunta de Galicia sobre a normalización do uso do galego ou sobre a política lingüística en xeral.
- Establecer o marco metodolóxico de referencia e os plans e programas para o ensino do galego ás persoas adultas, de acordo coas directrices do Consello de Europa en materia de ensino de linguas.
- Colaborar co Consello de Europa e con outros organismos nacionais e internacionais en relación cos procesos para a defensa, a aprendizaxe, o ensino e a avaliación das linguas.
- Convocar e administrar as probas e expedir os certificados de coñecemento de galego.
- Convocar e administrar as probas e certificados de tradutoras e tradutores e de intérpretes xurados/as doutras linguas para o galego e viceversa, así como autorizar as habilitacións directas destes, cando procedan, e a súa inscrición no Rexistro oficial de profesionais da tradución e interpretación xuradas doutras linguas para o galego e viceversa.
- Promover o diálogo, a cooperación e a colaboración con outras institucións competentes en materia de política lingüística.
- Calquera outra competencia e función que lle sexa delegada ou encomendada pola persoa titular da Consellería.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Secretaría Xeral de Política Lingüística.". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 29 de marzo de 2016.