Saltar ao contido

William Shakespeare

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Shakespeare»)

Modelo:BiografíaWilliam Shakespeare

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoabril de 1564 Editar o valor en Wikidata
Stratford-upon-Avon (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de abril de 1616 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (51/52 anos)
Stratford-upon-Avon (Reino de Inglaterra) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaHoly Trinity Church (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBardo de Avon
ResidenciaStratford-upon-Avon (1564 (Gregoriano)–1616) Editar o valor en Wikidata
EducaciónKing Edward VI School, Stratford-upon-Avon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFiction (en) Traducir, teatro, English drama (en) Traducir, drama, poesía e Actuación Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoRenascentismo inglês (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoTraxedia, comedia, histórica, fantasía, xuízos críticos
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnne Hathaway (1582 (Xuliano)–1616 (Xuliano)) Editar o valor en Wikidata
FillosSusanna Hall, Hamnet Shakespeare, Judith Quiney Editar o valor en Wikidata
PaisJohn Shakespeare Editar o valor en Wikidata  e Mary Shakespeare Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoan Shakespeare
Edmund Shakespeare
Gilbert Shakespeare
Richard Shakespeare
Anne Shakespeare
Margaret Shakespeare
Joan Shakespeare Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000636 Allocine: 37028 Rottentomatoes: celebrity/william_shakespeare Allmovie: p314726 TCM: 340202 Metacritic: person/william-shakespeare TV.com: people/william-shakespeare-1 IBDB: 8638
BNE: XX1020842 Bitraga: 75 Souncloud: evie-jeffreys Spotify: 0xZ9fVp0OnYjYPeX9Z3c8x iTunes: 2765976 Musicbrainz: a4ba11db-ae2b-4ec3-9084-2136db11acfa Songkick: 509202 Discogs: 348179 IMSLP: Category:Shakespeare,_William WikiTree: Shakespeare-1 Find a Grave: 87136641 Genius: William-shakespeare Editar o valor en Wikidata

William Shakespeare, nado en Stratford-upon-Avon, Warwickshire, Reino de Inglaterra, c. 23 de abril de 1564xul. bautizado o 26 de abril de 1564 e finado ib o 23 de abrilxul./ 3 de maio de 1616greg.[a] de 1616,[b] foi un poeta e dramaturgo inglés. Coñecido en ocasións como o Bardo de Avon (ou simplemente o Bardo), considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal.[1][2][3][4]

Segundo a Encyclopædia Britannica, «Shakespeare é xeralmente recoñecido como o máis grande dos escritores de todos os tempos, figura única na historia da literatura. A fama doutros poetas, tales como Homero e Dante Alighieri, ou de novelistas tales como Lev Tolstoi ou Charles Dickens, transcendeu as barreiras nacionais, pero ningún deles chegou a alcanzar a reputación de Shakespeare, cuxas obras hoxe lense e representan con maior frecuencia e en máis países que nunca. A profecía dun dos seus grandes contemporáneos, Ben Jonson, cumpriuse por tanto: "Shakespeare non pertence a unha soa época senón á eternidade"».[5]

O crítico estadounidense Harold Bloom sitúa a Shakespeare xunto a Dante Alighieri, na cúspide do seu «canon occidental»: «Ningún outro escritor tivo nunca tantos recursos lingüísticos como Shakespeare, tan profusos en Traballos de amor perdidos que temos a impresión de que, dunha vez por todas, alcanzáronse moitos dos límites da linguaxe. Con todo, a maior orixinalidade de Shakespeare reside na representación de personaxes: Nick Bottom (Soño dunha noite de San Xoán) é un melancólico triunfo; Shylock (O mercador de Venecia), un problema permanentemente equívoco para todos nós; pero sir John Falstaff (Henry IV, Part 1) é tan orixinal e tan irresistible que, con el, Shakespeare dá un xiro de cento oitenta graos ao que é crear a un home por medio de palabras».[6]

Jorge Luis Borges escribiu sobre el: «Shakespeare é o menos inglés dos poetas de Inglaterra. Comparado con Robert Frost (de New England), con William Wordsworth, con Samuel Johnson, con Chaucer e cos descoñecidos que escribiron, ou cantaron, as elexías, é case un estranxeiro. Inglaterra é a patria do understatement, da reticencia ben educada; a hipérbole, o exceso e o esplendor son típicos de Shakespeare».[7]

Shakespeare foi poeta e dramaturgo venerado xa no seu tempo, pero a súa reputación non alcanzou as altísimas cotas actuais ata o século XIX. Os románticos, particularmente, aclamaron o seu xenio, e os vitorianos adoraban a Shakespeare cunha devoción que George Bernard Shaw denominou «bardolatría».[8]

No século XX, as súas obras foron adaptadas e redescubertas en multitude de ocasións por todo tipo de movementos artísticos, intelectuais e de arte dramática. As comedias e traxedias shakespearianas foron traducidas ás principais linguas, e constantemente son obxecto de estudos e represéntanse en diversos contextos culturais e políticos de todo o mundo. Por outra banda, moitas das citas e aforismos que salpican as súas obras pasaron a formar parte do uso cotián, tanto en inglés como noutros idiomas. E no persoal, co paso do tempo, especulouse moito sobre a súa vida, cuestionando a súa sexualidade, a súa filiación relixiosa, e mesmo a autoría das súas obras.[9]

A súa obra é tal, que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]
Escudo de armas de Shakespeare
Casa natal de Shakespeare en Stratford-upon-Avon

William Shakespeare[10] foi o terceiro dos oito fillos que tiveron John Shakespeare, un fabricante de luvas e concelleiro de Snitterfield e a súa dona Mary Arden, nada nunha familia fidalga.[11] No momento do seu nacemento a súa familia vivía na rúa Henley de Stratford-upon-Avon. Descoñécese a data exacta do seu nacemento, debido a que naquela época unicamente se facía a acta do bautismo, o 26 de abril neste caso, polo que é de supoñer que nacería algúns días antes (2 ou 3 días) e non máis dunha semana, segundo era o corrente. A tradición veu fixando como data do seu nacemento o 23 de abril, festividade de San Xurxo, patrón de Inglaterra,[12] talvez por analoxía co día da súa morte, o 23 de abril de 1616, segundo o calendario xuliano, pero esta datación non se sustenta en ningún documento, aínda que é a data máis probable.

O pai de Shakespeare, que se atopaba no cume da súa prosperidade cando naceu William, caeu pouco despois en desgraza. Acusado de comercio ilegal de la, perdeu a súa posición destacada no goberno do municipio. Apuntouse tamén que talvez tivo que ver no seu procesamento unha posible afinidade coa fe católica, por ambas as partes da familia.[13]

Aínda que non sobreviven rexistros de asistencia para o período, a maioría dos biógrafos están de acordo en que Shakespeare probablemente cursou os seus primeiros estudos de primaria na grammar school, King Edward VI School no centro da súa cidade natal,[14][15][16] o que debeu achegarlle unha educación intensiva en gramática e literatura latinas. A pesar de que a calidade das escolas gramaticais no período isabelino eran bastante irregulares, existen indicios no sentido de que a de Stratford era bastante boa. A asistencia de Shakespeare a esta escola é mera conxectura, baseada no feito de que legalmente tiña dereito a educación gratuíta por ser o fillo dun alto cargo do goberno local. Con todo, non existe ningún documento que o acredite, xa que os arquivos parroquiais perdéronse. Nesa época estaba dirixida por John Cotton, mestre de ampla formación humanística e católico; unha grammar school (equivalente a un estudo de gramática do XVI español ou ao actual bacharelato) impartía ensinos desde os 8 ata os 15 anos e a educación centrábase na aprendizaxe do latín; nos niveis superiores o uso do inglés estaba prohibido para fomentar a soltura na lingua latina; prevalecía o estudo da obra de Esopo traducida ao latín, de Ovidio e de Virxilio, autores estes que Shakespeare coñecía.

O 28 de novembro de 1582, cando tiña dezaoito anos de idade, Shakespeare contraeu matrimonio con Anne Hathaway, que tiña vinte e seis, orixinaria de Amorne Grafton, localidade próxima a Stratford. Dous veciños de Anne, Fulk Sandalls e John Richardson, testemuñaron que non existían impedimentos para a cerimonia. Parece que había présa en concertar a voda, talvez porque Anne estaba embarazada de tres meses. Tras o seu matrimonio, apenas hai pegadas de William Shakespeare nos rexistros históricos, ata que fai a súa aparición na escena teatral londiniense. O 26 de maio de 1583, a filla primoxénita da parella, Susanna, foi bautizada en Stratford. Un fillo, Hamnet, e outra filla, Judith, nados xemelgos, foron así mesmo bautizados pouco despois. A xulgar polo testamento do dramaturgo, que se mostra algo desdeñoso con Anne Hathaway, o matrimonio non estaba moi unido.

Os últimos anos da década de 1580 son coñecidos como os 'anos perdidos' do dramaturgo, xa que non hai evidencias que permitan coñecer onde estivo, ou por que razón decidiu trasladarse de Stratford a Londres. Segundo unha lenda que actualmente resulta pouco crible, foi sorprendido cazando cervos no parque de sir Thomas Lucy, o xuíz local, e viuse obrigado a fuxir. Segundo outra hipótese, puido unirse á compañía teatral Lord Chamberlain's Men ao seu paso por Stratford. Un biógrafo do século XVII, John Aubrey, recolle o testemuño do fillo dun dos compañeiros do escritor, segundo o cal Shakespeare pasaría algún tempo como mestre rural.[17]

Londres e a súa carreira no teatro

[editar | editar a fonte]

Non se sabe con certeza cando comezou a escribir Shakespeare, pero as alusións contemporáneas e os rexistros de representacións mostran que varias das súas obras estaban no escenario de Londres en 1592,[18] e era o suficientemente coñecido como para merecer unha desdeñosa descrición de Robert Greene, quen o retrata como «unha gralla arribista, embelecido coas nosas plumas, que co seu corazón de tigre envolto en pel de comediante crese capaz de impresionar cun verso branco como o mellor de vós»,[c] e di tamén que «se ten polo único sacude-escenas do país»[19] (no orixinal, Greene usa a palabra shake-scene, aludindo tanto á reputación do autor como ao seu apelido, nun xogo de paronomasia).

Os estudosos difiren sobre o significado exacto das palabras de Greene,[19][20] pero a maioría coincide en que Greene estaba a acusar a Shakespeare de superar o seu rango ao tentar igualarse a escritores con formación universitaria como Christopher Marlowe, Thomas Nashe e o propio Greene (membros do chamado "University Wits").[21] A frase en cursiva que parodia a liña "Oh, corazón de tigre envolto en pel de muller" de Henrique VI, Parte 3 de Shakespeare, xunto co xogo de palabras "Shake-scene", identifica claramente a Shakespeare como o obxectivo de Greene.

O ataque de Greene é a mención máis antiga que se conserva da obra de Shakespeare no teatro. Os biógrafos suxiren que a súa carreira puido comezar en calquera momento desde mediados da década de 1580 ata pouco antes dos comentarios de Greene.[22][23][24] Despois de 1594, as obras de Shakespeare foron representadas só polos Lord Chamberlain's Men, unha compañía propiedade dun grupo de actores, incluído Shakespeare, que pronto se converteu na compañía teatral líder en Londres.[25] Gozaban de tanto crédito que, após a morte da raíña Isabel en 1603, a compañía recibiu unha patente real polo novo rei Xacobe I, e cambiou o seu nome polo de King's Men (homes do rei).[26]

"Todo o mundo é un escenario,
e todos os homes e mulleres simplemente actores:
teñen as súas saídas e as súas entradas;
e un home no seu tempo interpreta moitos papeis ..."

Ao voso gusto, acto II, escena 7, 139–142[27]

Ao longo da súa carreira, Shakespeare dividiu o seu tempo entre Londres e Stratford. En 1596, un ano antes de comprar New Place como a súa casa familiar en Stratford, Shakespeare vivía na parroquia de St. Helen's, Bishopsgate, ao norte do río Támese,[28][29] e dous anos máis tarde encabezaba unha lista de actores na obra teatral do dramaturgo Ben Johnson Every Man in His Humour (Cada home co seu humor).[30] Tamén en 1598 o seu nome comezou a aparecer no frontispicio das súas obras, posibelmente para atraer compradores.[31][32][33]

Existe a tradición de que Shakespeare, ademais de redixir moitas das obras que representaba a súa compañía e de ter que dedicar parte do seu tempo a xestionar a compañía da que era copropietario, continuaba a representar papeis nas obras, como o fantasma do pai de Hamlet, Adam en Ao voso gusto e como coro en Henrique V.

En 1599, unha asociación de membros da compañía construíu o seu propio teatro na marxe sur do río Támese, a que chamaron The Globe. En 1608, a asociación tamén se fixo cargo do Blackfriars indoor theatre. Os rexistros existentes das compras e investimentos de propiedade de Shakespeare indican que a súa asociación coa compañía converteuno nun home rico,[d][34] e en 1597, comprou a segunda casa máis grande de Stratford, New Place, e en 1605, investiu unha parte dos seus impostos na parroquia de Stratford.

Parece ser que en 1599 se trasladou para o sur do río Támese, a Southwark. En 1604 trasladouse de novo para a ribeira norte, preto da catedral de San Paulo, onde residía cunha familia hugonote, os Montjoy. O aprendiz de Mountjoy, Stephen Belott, tiña intencións de casar coa filla do seu mestre, polo que o dramaturgo foi elixido como intermediario para axudar a negociar os detalles do dote. Grazas aos servizos de Shakespeare, levou a efecto o matrimonio, pero oito anos máis tarde Belott demandou ao seu sogro por non facer entrega da totalidade da suma acordada en concepto de dote. O escritor foi convocado a testificar, mais non lembraba o monto que propuxera.

Últimos anos e morte

[editar | editar a fonte]
New Place, Stratford-upon-Avon, construída no sitio da casa de Shakespeare.

Shakespeare retirouse ao seu pobo natal en 1611, pero viuse metido en diversos preitos, por exemplo un litixio respecto ao cercado de terras comunais que, se por unha banda fomentaba a existencia de pasto para a cría de ovellas, por outro condenaba aos pobres arrebatándolles a súa única fonte de subsistencia. Como o escritor tiña certo interese económico en tales propiedades, para desgusto dalgúns tomou unha posición neutral que só aseguraba o seu propio beneficio. En marzo de 1613 fixo a súa última adquisición, non no seu pobo, senón en Londres, comprando por 140 libras unha casa con curral preto do teatro de Blackfriars, de cuxa suma só pagou no acto sesenta libras, pois ao día seguinte hipotecou a casa polo resto ao vendedor. Por certo, Shakespeare non inscribiu a compra ao seu só nome, senón que a asociou os de William Johnson, John Jackson e John Hemynge, este último un dos actores que promoveron a edición do First folio. O efecto legal deste procedemento, segundo escribe o gran biógrafo de Shakespeare Sidney Le, «era privar á súa muller, no caso de que o sobrevivise, do dereito de percibir sobre esta propiedade o dote de viúva»; pero poucos meses despois aconteceu un desastre: incendiouse o Teatro do Globo, e con el todos os manuscritos do dramaturgo, xunto coa súa comedia Cardenio, inspirada nun episodio de Don Quixote da Mancha; sábese desta obra porque o 9 de setembro de 1653 o editor Humphrey Maseley obtivo licenza para a publicación dunha obra que describe como Historia de Cardenio, por Fletcher e Shakespeare; o citado Sidney Le di que ningún drama deste título chegou ata os nosos días e que probablemente haxa que identificalo coa perdida comedia chamada Cardenno ou Cardenna, que foi representada dúas veces ante a Corte pola compañía de Shakespeare, a primeira en febreiro de 1613, con ocasión das festas polo matrimonio da princesa Isabel, e a segunda no 8 de xuño, ante o embaixador do Duque de Savoia, isto foi, poucos días antes de incendiarse o teatro do Globo.

Pouco antes de morrer Shakespeare, o home que casara coa súa filla Judith —un viñateiro de nome Thomas Quiney— foi acusado de promiscuidade ante o tribunal eclesiástico local pois unha muller chamada Margaret Wheeler afirmou que estaba enbarazada del. Tanto a muller como o seu fillo morreron no parto. Isto afectou, con todo, á reputación do futuro xenro do escritor, e Shakespeare revisou o seu testamento para salvagardar a herdanza da súa filla dos problemas legais que Quiney puidese ter.[35]

Monumento funerario de Shakespeare, na Holy Trinity Church de Stratford.

Shakespeare morreu o 23 de abril de 1616, segundo o calendario xuliano (3 de maio no gregoriano), á idade de 52 anos. Estivo casado con Anne ata a súa morte, e sobrevivíronlle as dúas fillas, Susannah e Judith. A primeira casara co doutor John Hall, en 1607.[36] Con todo, nin os fillos de Susannah nin os de Judith tiveron descendencia, polo que non existe na actualidade ningún descendente vivo do escritor. Rumoreouse, con todo, que Shakespeare era o verdadeiro pai do seu afillado, o poeta e dramaturgo William Davenant.

Tumba de Shakespeare en Stratford-upon-Avon

Sempre se tendeu a asociar a morte de Shakespeare coa bebida —morreu, segundo os comentarios máis difundidos, como resultado dunha forte febre, produto do seu estado de embriaguez—. Ao parecer, o dramaturgo reuniuse con Ben Jonson e Michael Drayton para festexar cos seus colegas algunhas novas ideas literarias. Investigacións recentes levadas a cabo por científicos alemáns[e] afirman que é moi probable que o escritor inglés falecese de cáncer.

Está soterrado na chancelería da Igrexa da Santísima Trindade en Stratford-upon-Avon, honra que non se debeu á súa fama como dramaturgo senón por adquirir ese dereito por 440 libras (unha cantidade considerábel na época). Un monumento, erguido pola súa familia no muro máis próximo da súa tumba, móstrao no acto de escribir. Cada ano, na data do seu nacemento, colócaselle unha pluma nova na man.

Era costume nesa época, cando había necesidade de espazo para novas sepulturas, baleirar as antigas, e trasladar os seus contidos a un osario próximo. Talvez temendo que os seus restos puidesen ser exhumados, segundo a Encyclopædia Britannica, o propio Shakespeare compoñería o seguinte epitafio para a súa lápida:

Bo amigo, por Xesús, gardate
de cavar o po aquí encerrado.
Bendito sexa o home que respecte estas pedras,
e maldito o que remova os meus ósos.[f][37]

Algún tempo antes de 1623, erixiuse na súa memoria un monumento funerario na parede norte, cunha media efixie del no acto de escribir. A súa placa compárao con Nestor, Sócrates e Virxilio.[38] En 1623, xunto coa publicación do First Folio, publicouse o gravado de Droeshout.[39]

Shakespeare foi conmemorado con moitos estatuas e monumentos conmemorativos en moitos lugares do mundo, incluídos os monumentos funerarios da Catedral de Southwark e o monumento no Poets' Corner (Recuncho dos Poetas) da Abadía de Westminster.[40][41]

O debate sobre Shakespeare

[editar | editar a fonte]

Resulta curioso que todo o coñecemento que chegou á posteridade sobre un dos autores do canon occidental[42] non sexa máis que un construto formado coas máis diversas especulacións. Discutiuse mesmo se Shakespeare é o verdadeiro autor das súas obras, atribuídas por algúns a Francis Bacon, a Christopher Marlowe (quen, como espía, finxiría a súa propia morte) ou a varios enxeños; a realidade é que todas esas imaxinacións derivan do simple feito de que os datos de que se dispón sobre o autor son moi poucos e contrastan coa desmesura da súa obra xenial, que fecunda e dá pábulo ás máis retortas interpretacións.

O problema da autoría

[editar | editar a fonte]

Case cento cincuenta anos despois da morte de Shakespeare en 1616, comezaron a xurdir dúbidas sobre a verdadeira autoría das obras a el atribuídas. Os críticos dividíronse en «stratfordianos» (partidarios da tese de que o William Shakespeare nado e falecido en Stratford foi o verdadeiro autor das obras que se lle atribúen) e «anti-stratfordianos» (defensores da atribución destas obras a outro autor). A segunda posición é, na actualidade, moi minoritaria.

Os documentos históricos demostran que entre 1590 e 1620 publicáronse varias obras teatrais e poemas atribuídos ao autor William Shakespeare, e que a compañía que representaba estas pezas teatrais, Lord Chamberlain's Men (daquela King's Men), tiña entre os seus compoñentes a un actor con este nome. Pódese identificar a este actor co William Shakespeare do que hai constancia que viviu e morreu en Stratford, xa que este último fai no seu testamento certos dons a membros da compañía teatral londiniense.

Os chamados «stratfordianos» opinan que este actor é tamén o autor das obras atribuídas a Shakespeare, apoiándose no feito de que teñen o mesmo nome, e nos poemas encomiásticos incluídos na edición de 1623 do First Folio, nos que hai referencias ao «Cisne de Avon» e ao seu «monumento de Stratford». Isto último fai referencia ao seu monumento funerario na igrexa da Santísima Trindade, en Stratford, no que, por certo, aparece retratado como escritor, e do que existen descricións feitas por visitantes da localidade desde, polo menos, a década de 1630. Segundo este punto de vista, as obras de Shakespeare foron escritas polo mesmo William Shakespeare de Stratford, quen deixou a súa cidade natal e triunfou como actor e dramaturgo en Londres.

Os chamados «anti-stratfordianos» discrepan do anteriormente expresado. Segundo eles, o Shakespeare de Stratford non sería máis que un home de palla que encubriría a verdadeira autoría doutro dramaturgo que preferiría manter en segredo a súa identidade. Esta teoría ten diferentes bases: supostas ambigüidades e lagoas na documentación histórica acerca de Shakespeare; o convencemento de que as obras requirirían un nivel cultural máis elevado do que se cre que tiña Shakespeare; supostos mensaxes en clave ocultos nas obras; e paralelos entre personaxes das obras de Shakespeare e a vida dalgúns dramaturgos.

Durante o século XIX, o candidato alternativo máis popular foi sir Francis Bacon. Moitos «anti-stratfordianos» do momento, con todo, mostráronse escépticos cara a esta hipótese, aínda cando foron incapaces de propoñer outra alternativa. O poeta estadounidense Walt Whitman deu fe deste escepticismo cando lle dixo a Horace Traubel, «Estou convosco, compañeiros, cando dicides “non” a Shaksper (sic): é ao que podo chegar. Respecto a Bacon, bo, veremos, veremos».[43]

Desde os anos 1980, o candidato máis popular foi Edward de Vere, décimo sétimo conde de Oxford, proposto por John Thomas Looney en 1920, e por Charlton Ogburn en 1984. O poeta e dramaturgo Christopher Marlowe barallouse tamén como alternativa, aínda que a súa temperá morte relégao a un segundo plano. Outros moitos candidatos foron propostos, aínda que non conseguiron demasiados seguidores.

A posición máis estendida en medios académicos é que o William Shakespeare de Stratford foi o autor das obras que levan o seu nome.[Cómpre referencia]

Con todo, recentemente o rumor sobre a autoría de Shakespeare acrecentouse tras as declaracións dos actores Derek Jacobi e Mark Rylance. Ambos divulgaron a denominada Declaración de Dúbida Razoable sobre a identidade do famoso dramaturgo. A declaración cuestiona que William Shakespeare, un plebeo do século XVI criado nun fogar analfabeto de Stratford-upon-Avon, escribise as xeniais obras que levan o seu nome. O comunicado argumenta que un home que apenas sabía ler e escribir non puido posuír os rigorosos coñecementos legais, históricos e matemáticos que salpican as traxedias, comedias e sonetos atribuídos a Shakespeare.

Ao longo do tempo existiron teorías que subliñan que William Shakespeare era tan só un alias tras os que podían esconderse outros ilustres nomes como Christopher Marlowe (1564-1593), o filósofo e home de letras Francis Bacon (1561-1626) ou Edward de Vere (1550-1604). Jacobi asegura inclinarse por Edward de Vere, que frecuentou a vida cortesá no reinado de Isabel I (1533-1603), e cualifícao como o seu «candidato» preferido, dadas as supostas similitudes entre a biografía do conde e numerosos feitos relatados nos libros de Shakespeare.[44]

Cal é unha das razóns principais pola que se cuestionou a autoría de Shakespeare? O World Book Encyclopedia sinala «a negativa para crer que un actor de Stratford on Avon puidese escribir tales obras. A súa orixe rural non cadraba coa imaxe que tiñan do xenial autor». A citada enciclopedia engade que a maioría dos supostos escritores «pertencían á nobreza ou a outro estamento privilexiado». Así pois, moitos dos que poñían en cuestión a paternidade literaria de Shakespeare cren que «só puido escribir as obras un autor instruído, refinado e de clase alta». Con todo, moitos especialistas cren que Shakespeare si as escribiu.

Felicidade matrimonial

[editar | editar a fonte]

Opinouse moito sobre a vida persoal do autor e sobre a súa presunta homosexualidade,[45] especulación que atopa a súa base principal nunha originalísima colección de sonetos que foi publicada, ao parecer, sen o seu consentimento. Tamén se sospeitou a existencia dalgunha ou algún amante que fixese desgraciado o seu matrimonio, xa que a que foi a súa muller e nai dos seus tres fillos era bastante maior que el e atopábase embarazada antes da voda. Esta sospeita aséntase nunha famosa cita do seu testamento: «Déixolle a miña segunda mellor cama», pasaxe que suscitou as máis dispares interpretacións e non poucas especulacións. A máis xeral ten que ver con que a relación da parella non era do todo satisfactoria. Pero outra apunta en sentido contrario, xa que o dramaturgo dedicoulle un soneto á súa señora esposa titulado The World's Wife («A esposa do mundo»).

Seguiuse moi de preto, ademais, a crueldade de Shakespeare con respecto á figura feminina nos seus sonetos e, en consecuencia, da inxenuidade do home que cae atrapado nas súas redes. Os temas da promiscuidade, o carnal e a falsidade da muller —descrita e criticada humorísticamente polo dramaturgo— son probas suficientes para os que parten da base de que tería certa predilección polos homes e un repudio cara á coquetería das damas, en todo caso, sempre mencionadas en alusión á súa superficialidade e intereses materialistas.

Véxase parte do seguinte fragmento do seu soneto 144:

Dous amores teño eu de gozar e desesperación
os cales como dous espíritos aínda me suxiren que
o mellor anxo é un home branco e dereito, e
o peor espectro, unha muller de cor enfermiza.
Para gañarme pronto ao inferno, o meu mal feminino
levou ao mellor anxo do meu lado,
e corrumpiría ao meu santo para ser un demo,
arruinando a súa pureza co seu fétido orgullo (...)

Pódese apreciar claramente a dura crítica shakesperiana cara ao papel dunha muller que, a primeira vista, parece interpoñerse entre o romance do dramaturgo e o seu mecenas. Quen desmente este suposto, fano obxectando que a voz poética do soneto non ten por que coincidir coa personalidade do autor.

O certo é que Shakespeare parodia a súa perspectiva, como vemos na cita:

Os ollos da miña señora non son nada como o sol,
o coral é por lonxe máis vermello que os seus vermellos beizos;
se a neve é branca, por que entón os seus peitos son escuros?
Se o cabelo fose arame, negros arames crecerían da súa cabeza (...)

Toda esta problemática entúrbase se nos detemos por un instante para analizar algúns das súas máis afamadas pasaxes teatrais. Nunha das súas comedias, titulada Ao voso gusto, Shakespeare pon de manifesto a corrupción do mundo masculino e a capacidade dunha muller – Rosalinda – para restaurar a orde inicial e chegar á paz. Con todo, a pesar de que a heroína da trama é unha figura feminina, esta ármase de valor e é capaz de grandes fazañas recentemente cando asume o papel dun home, Ganimedes —personaxe da mitoloxía, amante masculino de Xúpiter—.

Penetrándonos na traxedia, o caso do Rey Lear é tamén moi representativo. Aquí o autor destaca a ceguedade dos homes, sobre todo de Lear, que desterra á súa filla Cordelia por ser a única das tres irmás en expresar a súa honestidade. Estudos feministas apuntarían a que Shakespeare atacaba á súa sociedade contemporánea, e que utilizaría nomes e lugares ficticios para fuxir de persecucións da corte.

Defende á muller e faille ver aos homes que o silenciala terminaría en catástrofe, como así sucede no desenlace de Lear. Outras opinións sobre a obra expresan que a muller non podía acceder ao trono, segundo o dramaturgo, porque isto implicaría caos e controversias. Cando o rei Lear adxudica o poder ás súas dúas fillas maiores, Goneril e Regan, estas cambian a súa conduta bruscamente para co seu pai e sométeno a unha atafegante tortura que irá consumindo a súa vida aos poucos. O goberno deteriórase e o séquito real desmoronase ata que un home reasume o mando.

Relixión

[editar | editar a fonte]

En 1559, cinco anos antes do nacemento de Shakespeare, durante o reinado de Isabel I, a Igrexa de Inglaterra separouse definitivamente, tras un período de incerteza, da Igrexa católica. Por esa razón, os católicos ingleses foron presionados para converterse ao anglicanismo, e establecéronse leis para perseguir os que rexeitaban converterse. Algúns historiadores sosteñen que durante a época de Shakespeare existiu unha oposición importante e moi estendida á imposición da nova fe.[46] Algúns críticos, apoiándose en evidencias tanto históricas como literarias, argumentaron que Shakespeare era un destes opositores, aínda que non conseguiron demostralo fidedignamente. O certo é que Shakespeare atopouse máis cómodo baixo o reinado do filocatólico Xacobe I que baixo o de Isabel I, anticatólica.

As súas obras[47] foron escritas entre 1588 e 1616, mais é bastante difícil establecer datas aproximadas.

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
Clásicos en Galego 10: Hamlet.
  1. Data correspondente ao calendario xuliano vixente entón en Inglaterra, equivale ao 3 de maio do calendario gregoriano
  2. A morte de Shakespeare coincidiu coa data, 23 de abril, tida popularmente pola da morte de Miguel de Cervantes. Con todo, en realidade Cervantes, aínda que foi sepultado o 23 de abril, falecera o día anterior. Doutra banda, tampouco a morte de Shakespeare e o enterro de Cervantes tiveron lugar o mesmo día. O motivo é a diferenza de calendarios usados: a data da morte de Shakespeare refírese ao calendario xuliano, vixente por entón en Inglaterra, en tanto que nos países católicos, como España, xa entrara en vigor o calendario gregoriano. En realidade, a morte de Shakespeare tivo lugar varios días despois da de Cervantes (dependendo dos autores, dátase no 3 ou no 4 de maio do calendario gregoriano). Son moitos, con todo, os autores que creron erroneamente que ambos os falecementos producíronse o mesmo día, entre eles o gran poeta francés Victor Hugo, quen anotaría ao principio da súa obra William Shmiz: "Morreu o 23 de abril, tiña 52 anos xustos, pois nacera o 23 de abril de 1564. Ese mesmo día, 23 de abril de 1616, morreu Cervantes, xenio da mesma altura".
  3. O texto en cursivas parodia a frase «Ah, o corazón de tigre envolto pola vestimenta dunha muller», escrita por Shakespeare en Henrique VI, parte III
  4. Consérvanse diversos documentos legais e mercantís que mostran que Shakespeare se foi enriquecendo durante a súa estadía en Londres até permitirse adquirir unha propiedade en Blackfriars e a segunda casa máis grande de Strattford.
  5. A hipótese baséase na análise dunha escultura do dramaturgo que se atopa no Club Garrick de Londres, na que pode percibirse a existencia dun tumor sobre o seu ollo esquerdo, e da súa máscara fúnebre, conservada na cidade alemá de Darmstadt. Hai diferenzas sobre a autenticidade de ambos os obxectos. «Expertos alemanes aseguran que Shakespeare murió víctima de un cáncer.» Arquivado 03 de febreiro de 2010 en Wayback Machine. 23 de febreiro de 2006. Clarín.
  6. Texto orixinal do epitafio:Good friend, for Jesus' sake forbear,/ To dig the dust enclosed here./Blest be the man that spares these stones,/But cursed be he that moves my bones.
Referencias
  1. "Shakespeare, el único." (en castelán). eluniversal.com. 17 de xuño de 2006. Archived from the original on 09 de outubro de 2006. Consultado o 16 de xuño do 2022. 
  2. Greenblatt 2005, p. 11.
  3. Bevington 2002, pp. 1–3.
  4. Wells 1997, p. 399.
  5. Traducción libre: «Widely regarded as the greatest writer of all time, William Shakespeare (or Shakspere) occupies a position unique in world literature. Other poets, such as Homer and Dante, and novelists, such as Tolstoy and Dickens, have transcended national barriers; but no writer's living reputation can compare with that of Shakespeare, whose plays [...] are now performed and read more often and in more countries than ever before. The prophecy of his great contemporary, the poet and dramatist Ben Jonson, that Shakespeare "was not of an age, but for all time," has been fulfilled». Artículo en Britannica CD '97. Single-user version. Sección "Introduction", Art. "William Shakespeare".
  6. Bloom, Harold (2005). El canon occidental. Barcelona: Anagrama. p. 57. ISBN 84-339-6684-7. 
  7. Borges, Jorge Luis (2005). Obras completas (en castelán) . II. Barcelona: RBA. p. 624. ISBN 84-473-4505-X (O.C.). 
  8. Bertolini, John Anthony (1993). Shaw and Other Playwrights (en inglés). Pennsylvania: Pennsylvania State University Press. p. 119. ISBN 0-271-00908-X. 
  9. Hai dúbidas ata do propio aspecto de Shakespeare. En 2012 descubriuse un retrato de Shakespeare novo, que denota características somáticas italianas: Retrato xuvenil de Shakespeare Arquivado 29 de abril de 2012 en Wayback Machine., artigo no xornal La Stampa (Roma), 2012.
  10. Sobre o nome de Shakespeare véxase:
  11. Schoenbaum 1987, pp. 14–22.
  12. Schoenbaum 1987, pp. 24–26.
  13. Para unha discusión máis completa, véxase este artigo da Enciclopedia Católica «The Religion of Shakespeare.»
  14. Schoenbaum 1987, pp. 62–63.
  15. Ackroyd 2006, p. 53.
  16. Wells et al. 2005, pp. xv–xvi.
  17. Schoenbaum 1987, pp. 110–111.
  18. Chambers 1930a, pp. 287, 292.
  19. 19,0 19,1 Greenblatt 2005, p. 213.
  20. Schoenbaum 1987, p. 153.
  21. Ackroyd 2006, p. 176.
  22. Wells 2006, p. 28.
  23. Schoenbaum 1987, pp. 144–146.
  24. Chambers 1930a, p. 59.
  25. Schoenbaum 1987, p. 184.
  26. Chambers 1923, pp. 208–209.
  27. Wells et al. 2005, p. 666.
  28. Hales 1904, pp. 401–402.
  29. Honan 1998, p. 121.
  30. Adams 1923, p. 275.
  31. Schoenbaum 1987, p. 188.
  32. Kastan 1999, p. 37.
  33. Knutson 2001, p. 17.
  34. Chambers 1930b, pp. 67–71.
  35. Schoenbaum 1987, pp. 292–294.
  36. Schoenbaum 1987, p. 287.
  37. "Bard's 'cursed' tomb is revamped". BBC News (en inglés). 28 de maio de 2008. Consultado o 21 de xuño do 2022. 
  38. Schoenbaum 1987, pp. 308–310.
  39. Cooper 2006, p. 48.
  40. "Visiting the Abbey". Westminster Abbey. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2016. Consultado o 21 de xuño do 2022.  }}
  41. "Shakespeare Memorial". Southwark Cathedral. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 21 de xuño do 2022. 
  42. Octavio Aguilera. "Shakespeare y los otros" (en castelán). Consultado o 21 de xuño do 2022. 
  43. Walt Whitman on Shakespeare Consultado o 21 de xuño do 2022.
  44. "La verdadera identidad de Shakespeare, una polémica que resurge". El Mundo. 2007. Consultado o 10 de septiembre de 2007. 
  45. Shakespeare, William (1564-1616)
  46. John Henry de Groot: The Shakespeares and ‘the Old Faith’ (1946); Hildegard Hammerschmidt-Hummel: Die Verborgene Existenz Des William Shakespeare: Dichter Und Rebell Im Katholischen Untergrund (2001); Clare Asquith: Shadowplay: The Hidden Beliefs and Coded Politics of William Shakespeare (2005).
  47. "William Shakespeare". Biblioteca da Tradución Galega. 
  48. A tradución da métrica. Prácticas co Macbeth de Shakespeare en galego, Fernando Pérez-Barreiro Nolla, revista Viceversa, (2009) 13-22.
  49. Ficha Arquivado 07 de agosto de 2020 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]