Saltar ao contido

Shirley Manson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaShirley Manson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de agosto de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Edimburgo, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
EducaciónBroughton High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, modelo, compositora de cancións, actriz de cinema, música, cantante, guitarrista, activista polos dereitos das mulleres Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1981 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, rock alternativo e música pop Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRadioactive Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webgarbage.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1276549 Allmovie: p635814 TV.com: people/shirley-manson
Facebook: shirleymanson Last fm: Shirley+Manson Musicbrainz: aec47016-842a-48cd-b939-159b2b91f8e8 Songkick: 646046 Discogs: 108706 Allmusic: mn0000027901 Editar o valor en Wikidata

Shirley Ann Manson, nada o 26 de agosto de 1966, é unha cantante escocesa, vocalista da banda de rock alternativo Garbage.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Manson é a segunda de tres fillas; o seu pai é xenetista e a súa nai foi cantante. Empezou a estudar piano á idade de 7 anos, e máis tarde acudiu á Escola de Música da Cidade de Edimburgo onde tamén formou parte do grupo de teatro.

Na escola, os demais nenos metíanse frecuentemente con ela. Burlábanse do seu aspecto e da cor do seu pelo. Ás veces, regresaba a casa ensanguentada e magullada por culpa do acoso. Os interminables acosos e burlas conducírona a unha profunda depresión e empezou a autolesionarse, entre outras cousas.

Traballou brevemente como dependenta nunha tenda. A súa primeira experiencia musical foi coas bandas Autumn 1904 e Wild Indians. Cando tiña 16 anos uniuse ao grupo Goodbye Mr. Mackenzie onde tocaba os teclados e facía de segunda vocalista. Neste grupo estivo unha década ata a súa disolución en 1992. Despois desta, Shirley, xunto con dous membros do grupo, fundaron Angelfish, outra banda na que Shirley era a vocalista.

Angelfish editou un álbum autotitulado e dous sinxelos. A banda estivo de xira polos Estados Unidos, Canadá, Bélxica e Francia, chegando a ser abreconcertos de Live en Norteamérica. O seu videoclip para a canción "Suffocate Me" foi emitido no programa da MTV 120 Minutes, e o produtor e músco Steve Marker, que viu esa emisión, pensou que podería ser unha boa vocalista para o seu grupo, Garbage.