Simónides de Ceos
Nome orixinal | (grc) Σιμωνίδης ο Κείος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 556 a. C. Iulis, Grecia (en) |
Morte | 468 a. C. (87/88 anos) Agrigento, Italia |
Actividade | |
Ocupación | poeta, epigramatista, escritor, poeta elexíaco |
Familia | |
Pai | Leoprepes of Ceus |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Simónides de Ceos (nado en Iulis, na illa xónica de Ceos, actual Kea, ca. -556 e finado en Siracusa, ca. -468), foi un poeta lírico grego, creador da mnemotecnia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que foi chamado a Atenas cara ao ano 526 a.C. pola corte do tirano Hiparco, logo marchou a Tesalia co seu sobriño, o tamén poeta e discípulo seu Baquílides. Alí relacionouse coa aristocracia gobernante, os escopadas e os alendas. Despois viaxou a Cranón e Farsalia. Volto a Atenas cantou as fazañas dos gregos na batalla de Maratón, co que se fixo moi popular. Terminou a súa vida na corte do tirano de Siracusa Hierón I. Escribiu para diversos mecenas en gran variedade de metros e xéneros: epigramas (principalmente epicedios como o dos trescentos espartanos de Leónidas I, e inscricións votivas), elexías patrióticas e morais, peáns, hiporquemas, e obras de lírica coral, como himnos, odas, epinicios, trenos e ditirambos, pero soamente unha pequena parte da súa obra sobreviviu.
Si que se conservaron bastantes anécdotas sobre o agarrado que era así como a noticia, transmitida por Cicerón no seu De oratore, de que foi un dos fundadores da mnemotecnia, en concreto da técnica ou sistema da localización que permitía a un orador recordar longuísimos discursos compostos previamente por un logógrafo, técnica que expón Quintiliano, na súa famosa Institutio oratoria, e que consistía en visualizar ou situar mentalmente nos distintos lugares dun templo coñecido polo expositor as distintas partes do discurso trazando un itinerario segundo a orde requirida. Ao parecer, no ano 500 a.C. estaba nun banquete cando se ausentou brevemente, salvándose así de morrer esmagado polo derrube do teito; e foi o único en poder recoñecer os esnaquizados corpos de ditos comensais ao recordar os lugares onde estaban sentados. Tamén se adoita recordar bastante en poética a súa afirmación de que «a poesía é pintura que fala e a pintura poesía muda», o que se considera orixe do tópico horaciano de ut pictura poesis. Tamén é o autor dunha famosa definición de xustiza, segundo a cal esta é "a obrigación de dar a cada un o que se lle debe".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Juan Manuel Rodríguez Tobal: El ala y la cigarra. Fragmentos de la poesía arcaica griega no épica. Edición bilingüe. Hiperión, Madrid, 2005. (en castelán)