Saltar ao contido

Slumdog Millionaire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Slumdog Millionaire
Ficha técnica
Título orixinalSlumdog Millionaire
DirectorDanny Boyle
ProdutorChristian Colson
GuiónSimon Beaufoy
Baseado enQ & A de Vikas Swarup
IntérpretesDev Patel
Freida Pinto
Madhur Mittal
Anil Kapoor
Ayush Mahesh Khedekar
Tanay Chheda
Irrfan Khan
Rubina Ali
Tanvi Ganesh Lonkar
Azharuddin Mohammed Ismail
Ashutosh Lobo Gajiwala
MúsicaA. R. Rahman
FotografíaAnthony Dod Mantle
MontaxeChris Dickens
EstudioCelador Films
Film4 Productions
DistribuidoraPathé
(RU)
Fox Searchlight Pictures
Warner Bros. Pictures
(USA)
Estrea2008
Duración120 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
XéneroDrama, Romántico
Orzamento$15.000.000
Recadación$377.910.544
Na rede
http://www.slumdogmillionairemovie.co.uk
IMDB: tt1010048 Filmaffinity: 230028 Allocine: 129924 Rottentomatoes: m/slumdog_millionaire Mojo: slumdogmillionaire Allmovie: am15508 TCM: 685032 Metacritic: movie/slumdog-millionaire TV.com: movies/slumdog-millionaire Editar o valor en Wikidata

Slumdog Millionaire é un filme británico de 2008 dirixido por Danny Boyle, en colaboración con Loveleen Tandan, e escrito por Simon Beaufoy, adaptando a novela Q & A (2005) do escritor indio Vikas Swarup.

Os actores principais son Dev Patel e Freida Pinto. O filme, filmado na India, foi lanzado o 12 de decembro de 2008. Conta a historia dun mozo dos arrabaldes de Mumbai que aparece en Kaun Banega Crorepati, a versión india de Who Wants to Be a Millionaire?, superando as expectativas da xente, a pesar das sospeitas do presentador e dos policías.

Conseguiu catro premios nos Globos de Ouro e 8 Oscars de 2009.

Jamal Malik (Dev Patel) é un adolescente pobre de Mumbai que participa na versión hindú do programa Quen quere ser millonario?. A piques de conseguir 20 millóns de rupias, que é o premio máximo do concurso, o rapaz é interrogado pola policía, que sospeita que está facendo trampas. Pero para cada unha das preguntas, Jamal ten unha resposta.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Os protagonistas: Dev Patel e Freida Pinto.

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 2008: 8 Oscars: incluíndo mellor filme, director e guión adaptado. 10 nomeamentos.
  • 2008: 4 Globos de Ouro: Mellor filme dramática, director, guión, banda sonora.
  • 2008: 7 Premios BAFTA, incluíndo mellor filme. 11 nomeamentos.
  • 2008: 3 premios National Board of Review, incluíndo filme do ano e guión adaptado.
  • 2008: Festival de Toronto: Mellor filme.
  • 2008: Premio Goya: Mellor filme europeo.
  • 2008: Premios David di Donatello: Mellor filme da Unión Europea.
  • 2008: Asociación de Críticos de Los Angeles: Mellor director e banda sonora.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]