Pobo dakota
Pobo dakota | |
---|---|
Charles Eastman (1858–1939), médico, autor e cofundador dos Boy Scouts of America | |
Poboación | |
Poboación total: 20 460 (2010)[1] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Dacota do Sur, Dacota do Norte, Minnesota, Nebrasca e Montana |
Canadá | Manitoba e Saskatchewan |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua dakota[1] e sinais dos indios das chairas |
Relixión | Relixión tribal tradicional, Danza do Sol, Igrexa nativa americana, Cristianismo, Wocekiye |
Grupos relacionados | Lakota, assiniboine, stoney (nakota) e outros síux |
Os dakota[2] (en lingua dakota: Dakȟóta/Dakhóta) son un pobo indíxena de América do Norte. Os dakota compoñen dúas das tres subculturas principais dos síux, e divídense polo xeral en dakotas orientais e occidentais.
As catro bandas dos dakotas orientais son os bdewákaŋthuŋwaŋ, waȟpéthuŋwaŋ, waȟpékhute e sisíthuŋwaŋ, e ás veces son chamados santee (isáŋyathi ou Isáŋ-athi; "coitelo" + "campamento", "habita no lugar do pedernal do coitelo"). Residen nos estados de Dacota do Sur, Dacota do Norte, Minnesota central e o norte de Iowa. Teñen tribos recoñecidas federalmente establecidas en varios lugares.
Os dakotas occidentais son os yankton e os yanktonai (iháŋktȟuŋwaŋ e Iháŋktȟuŋwaŋna; "Aldea ao final" e "Pequena aldea ao final"), que residen na área do alto río Missouri. Os yankton-yanktonai son coñecidos colectivamente co endónimo wičhíyena ("Os que falan coma homes"). Tamén teñen distintas tribos recoñecidas a nivel federal. No pasado, os dakotas occidentais foron erradamente clasificados como nakota, unha póla dos síux que se moveu máis ao oeste. Estes últimos atópanse agora en Montana e alén da fronteira no Canadá, onde se lles coñece como stoney.[3]
Nome
[editar | editar a fonte]A palabra dakota quere dicir "aliado" na lingua dakota, e o seu autónimo é Ikčé Wičhášta ("pobo indio") e Dakhóta Oyáte ("pobo dakota").[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Dakota." Ethnologue. Consultado o 8 de xaneiro de 2013.
- ↑ Definición de dakota no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Para información sobre o erro de longa duración de chamar aos yankton e aos yanktonai como "nakota", consulte o artigo nakota
- ↑ Barry M. Pritzker, A Native American Encyclopedia: History, Culture, and Peoples. Oxford: Oxford University Press, 2000; pg. 316
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo dakota |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Catherine J. Denial, Making Marriage: Husbands, Wives, and the American State in Dakota and Ojibwe Country. St. Paul, MN: Minnesota Historical Society Press, 2013.
- Cynthia Leanne Landrum, The Dakota Sioux Experience at Flandreau and Pipestone Indian Schools. Lincoln, NE: University of Nebraska Press, 2019.