Pobo han
Pobo han | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: Total: 1 310 158 851 | |
Rexións principais: | |
China | 1 207 541 842[1] |
Taiwán | 22 575 365[1] |
Hong Kong | 6 593 410[1] |
Singapur | 3 684 936[2] |
Macau | 433 641[1] |
Indonesia | 8 800 000[3] |
Tailandia | 7 053 240[4] |
Malaisia | 6 590 500[5] |
Estados Unidos | 3 376 031[4] |
Canadá | 1 364 215[4] |
Perú | 1 300 000[4] |
Vietnam | 1 263 570[4] |
Australia | 1 185 000[6] |
Camboxa | 1 180 000 |
Filipinas | 1 146 250[4] |
Myanmar | 1 101 314[4] |
Rusia | 998 000[4] |
Xapón | 655 377[7] |
Venezuela | 400 000[8] |
Suráfrica | 350 000[9] |
Reino Unido | 296 623[4] |
Francia | 230 515[4] |
España | 197 214[4] |
India | 189 470[4] |
Laos | 185 765[4] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua chinesa |
Relixión | Relixión tradicional chinesa, Budismo Mahayana e Taoísmo. Bagaxe de Confucianismo.[10] Cristianismo e outras crenzas minoritarias. |
Grupos relacionados | Zhonghua minzu |
Os han (汉族 ou 漢族) son a etnia maioritaria na China e o maior grupo étnico do mundo. Os han constitúen o 91% da poboación da China e o 19% da poboación humana. Os han son coñecidos en Occidente como a etnia chinesa. O seu nome deriva da dinastía Han e proceden orixinariamente da rexión dor río Amarelo, no norte da China, aínda que dende hai milenios estenderon o seu territorio cara ao sur. Durante o século XX tamén aumentou de forma significativa a presenza de chineses han nas rexións máis occidentais da China: Tíbet e Xinjiang.
En total, o Goberno da República Popular da China recoñece 55 grupos étnicos, ademais dos han, no territorio do país.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo han procede do nome da dinastía Han. Así mesmo, unha das denominacións máis habituais da lingua chinesa na República Popular da China é "lingua dos han" (漢語 / 汉语, hànyǔ).
Aínda que ás veces se fala de "etnia chinesa", han é o termo correcto utilizado na República Popular da China para diferenciar á etnia maioritaria, que se expresa nos diversos dialectos do chinés, doutros grupos étnicos, con linguas e culturas diferentes, que existen na China, como os tibetanos, os mongois e os uigures, entre outros.
Unidade da etnia Han
[editar | editar a fonte]A pesar da existencia de múltiples variacións na lingua chinesa falada, un dos factores que determina a unidade da etnia han é a lingua escrita. Durante centos de anos, a literatura chinesa usou un formato estándar de escritura que utiliza un vocabulario e unha gramática significativamente distinta das diferentes formas do chinés oral. Desde o século XX, o chinés escrito baseouse no mandarín estándar e non no dialecto local de quen o escribe (coa excepción do uso escrito do cantonés). Por iso, aínda que os residentes nas diferentes rexións poden non se entender cando falan, son capaces de se entender na escrita.
Os han adoitan vestirse utilizando roupas de estilo occidental. Os traxes han tradicionais aínda son utilizados en ocasións importantes como banquetes de vodas ou durante a celebración de aninovo.
Diferenzas internas
[editar | editar a fonte]Entre os Han existen numerosas diferenzas tanto culturais como lingüísticas. As diferenzas rexionais e lingüísticas entre os diferentes subgrupos dos han son tan significativas como entre as diferentes nacionalidades europeas. Os Han falan diversas variedades da lingua chinesa que son considerados dialectos, a pesar de que se considera que entre elas existen diferenzas maiores das que hai entre as diferentes linguas europeas (co termo "dialectos" faise referencia ao que é en realidade unha familia de linguas relacionadas co chinés estándar, mentres que se utiliza "lingua" para facer referencia ás demais linguas da China que non pertencen ao mesmo grupo lingüístico que o chinés estándar e os seus dialectos/linguas). Outras diferenzas culturais, como a gastronomía, os costumes e a moda, son igualmente importantes. A historia da China moderna presenta numerosos exemplos dos conflitos que estas diferenzas provocaron. Por iso, a idea duns Han unidos é realmente complexa.
Estas diversidades, con todo, non xeraron identidades étnicas propias, e as diferenzas relixiosas ou políticas non reforzaron as diferenzas rexionais. Ao contrario, existe unha tendencia a evitar as distincións entre os Han, xa que se considera que é unha clasificación menor e superficial.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "China no Factbook da CIA" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2016. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "Singapur no Factbook da CIA" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2010. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "‘Racism remains for Chinese — Indonesians’" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 4,12 "‘Racism remains for Chinese — Indonesians’" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "U.S. Relations With Malaysia" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "Australian Demographic Statistics" (en inglés). Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ "国籍(出身地)別在留資格(在留目的)別外国人登録者 (Número de estranxeiros por país en 2008" (en xaponés). 2009-09-04.
- ↑ "Composición Étnica de las Tres Áreas Culturales del Continente Americano al Comienzo del Siglo XXI" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de febreiro de 2014. Consultado o 27 de marzo de 2013.
- ↑ Park, Yoon Jung (2009). Interdisciplinary Perspectives, ed. Recent Chinese Migrations to South Africa - New Intersections of Race, Class and Ethnicity (PDF). Representation, Expression and Identity (en inglés). ISBN 978-1-904710-81-3. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de decembro de 2010. Consultado o 26 de novembro de 2019.
- ↑ Travel China Guide – Han Chinese, Windows on Asia – Chinese Religions Arquivado 20 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.