Saltar ao contido

Porto Alegre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPorto Alegre
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

HimnoHino de Porto Alegre (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 30°01′58″S 51°13′48″O / -30.0328, -51.23
EstadoBrasil
Unidades da federaciónRío Grande do Sur Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.332.570 (2022) Editar o valor en Wikidata (2.682,16 hab./km²)
Lingua oficialportugués do Brasil Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie496,827 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Guaíba (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación26 de marzo de 1772 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Prefeito (pt) Traducir Editar o valor en WikidataNelson Marchezan Júnior (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCâmara Municipal de Porto Alegre (pt) Traducir , (Escano: 36) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal90000-000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico51 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil4314902 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webprefeitura.poa.br Editar o valor en Wikidata
Facebook: prefpoa Twitter: Prefeitura_POA Editar o valor en Wikidata

Porto Alegre é a capital do estado do Río Grande do Sur. Tiña unha poboación de 1.440.939 habitantes en 2006. A súa superficie total é de 497 km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]
A cidade de Porto Alegre.

É a capital de estado brasileira máis próxima dos países veciños que, co Brasil, forman o Mercosur: a Arxentina e o Uruguai. É tamén hoxe coñecida mundialmente pola realización do Foro Social Mundial. A pesar de non ter sido unha cidade planeada, conserva moitas áreas verdes e boa calidade de vida, ademais dun interese pola cultura: proporcionalmente á súa poboación, é a cidade brasileira que máis librerías ten[Cómpre referencia]. Anualmente, en outubro, realízase a Feira do Livro (Feira do Libro) na cidade.

Ademais de ser un importante centro de comercio e servizos, a súa área metropolitana (con aproximadamente 4,5 millóns de habitantes) ten importantes industrias, como o Polo Petroquímico de Canoas, unha fábrica de automóbiles da General Motors (en Gravataí), unha de tractores agrícolas da Massey Ferguson, fábricas de alimentos, bebidas, téxtiles e outras.

Vista do Río Guaíba (na verdade, un brazo navegábel da Lagoa dos Patos) xunto a Porto Alegre).

Constituíuse no século XVIII coa chegada dos primeiros inmigrantes azoreanos, familias ou casais que fundaron unha poboación bautizada con nome de Porto dos Casais, e que máis tarde orixinou a cidade. Os primeiros chegaron á rexión en 1752.

En 1763, coa invasión española á cidade do Rio Grande, a sede do goberno local foi transferida para Viamão, xunto ó Porto dos Casais. Dez anos despois foi transferida de Viamão para o Porto dos Casais.

Santa Casa de Misericórdia, primeiro hospital da cidade.

En 1803 foi construída a Santa Casa de Misericordia, hospital que existe ata hoxe. O 11 de decembro de 1810 o rei Xoán VI de Portugal elevou o poboado á condición de vila e, o 14 de novembro de 1821, o príncipe Pedro elevouna á condición de cidade. A poboación na época era de 12 mil habitantes.

En 1835 o Río Grande do Sur adheriuse á Revolución Farroupilha e, mesmo fortificada, Porto Alegre sufriu invasión, sendo retomada no ano seguinte polas tropas imperiais. Despois a cidade aínda resistiu a tres cercos, ata o ano 1838. Grazas á súa resistencia, o emperador Pedro II concedeu á cidade o título de Mui Leal e Valorosa.

Antigo Mercado Municipal.

Pero a guerra non impediu a construción do primeiro Mercado Municipal, organizando o comercio da área central da cidade. En 1845 co fin da revolución, a antiga muralla da cidade foi derribada, permitindo a súa expansión. A partir de entón chegaron á cidade os primeiros inmigrantes alemáns e italianos, e instaláronse as primeiras industrias.

Entre 1865 e 1870, a Guerra da Tripla Alianza transforma a cidade na capital provincial máis próxima dos teatros de operación. A cidade recibe diñeiro do goberno central para melloras, como telégrafo, novos estaleiros e guarnicións militares. Dous anos despois do fin da guerra, en 1872, foi inaugurada a primeira liña de tranvía arrastrada por mulas.

En 1884 é abolida a escravitude na cidade, catro anos antes da Lei Áurea. Na volta do século XIX para o XX, a cidade xa tiña 70 mil habitantes e moitas melloras urbanas.

Dispón tamén dun importante centro das tradicións dos gauchos, nome que se dá ós habitantes do Río Grande do Sur (pero tamén hai gauchos na Arxentina e no Uruguai) que conservan hábitos alimentarios (o churrasco, nome que se lle dá á carne asada en fogueiras), de bebida (o chimarrão, unha bebida feita co erba-mate e auga quente, tomada sen azucre) e danzas típicas que remontan ao período no que os límites da rexión eran disputados entre Portugal e España. Hai varios Centros de Tradición Gaucha na cidade. Outros pobos, como os inmigrantes italianos, alemáns, portugueses (principalmente azoreanos), españois, árabes e polacos, xunto cos negros que viñan ó Brasil como escravos ata o século XIX, tamén deixaron as súas marcas na cultura da cidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]