Palacio de Deportes de Murcia
Aparencia
Palacio de Deportes de Murcia | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 37°59′39″N 1°06′46″O / 37.994036, -1.112783 |
Localización | Murcia, España |
Construción | |
Inauguración | 1994 |
Arquitecto | Miguel Ángel Beloqui |
Custo | 30 000 000 € |
Estadio | |
Capacidade | 7 454 espectadores |
Propietario | Concello de Murcia |
Localía | UCAM Murcia CB ElPozo Murcia FS |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palacio de Deportes de Murcia é un pavillón deportivo multiúsos da cidade de Murcia, España. O recinto serve de sede para o equipo de baloncesto UCAM Murcia e para o de fútbol sala ElPozo Murcia. Deseñado polo arquitecto Miguel Ángel Beloqui, foi construído en 1994, contando coas mellores innovacións existentes da época e custando máis de 4.500 millóns de pesetas. Ten unha capacidade total de 7.454 espectadores[1] (6.026 en bancadas fixas e 1.428 en bancadas móbiles), ampliable a preto de 9.000 con bancadas supletorias. Está situado na Avenida del Rocío, na zona da capital murciana coñecida como Las Atalayas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Palacio de los Deportes". murciocio.es (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2021.