Pancorbo
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Burgos | |||
Capital | Pancorbo | |||
Poboación | ||||
Poboación | 433 (2023) (7,41 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 58,45 km² | |||
Altitude | 634 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Carlos Ortiz Caño (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 09280 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 09251 | |||
Sitio web | pancorbo.es | |||
Pancorbo é un concello español, no nordeste da provincia de Burgos, na comunidade autónoma de Castela e León. Ocupa unha superficie de 58,45 km², cunha poboación de 493 habitantes (2013). Dista 63 km da capital provincial, e só 17 km de Miranda de Ebro. O xentilicio que designa aos seus poboadores é pancorbino.
Tradicionalmente formou parte da comarca da Bureba, pero as reorganizacións recentes asígnano á comarca do Ebro.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome de Pancorbo procede do latín ponte curvu: ponte curva.
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 883 a crónica de Albelda indica que o conde alavés Vela Ximénez tomou o castro "cui Pontecorbum nomen est" (que ten por nome Pontecorbum), pasando a formar parte das terras castelás. Durante parte do século XI formou parte do reino de Navarra, pasando a Castela de xeito definitivo en 1076, so o rei Afonso VI. En 1147, Pancorbo recibiu carta foral do rei Afonso VII. Posteriormente outorgóuselle a capitalidade da merindade da Bureba, dada a súa prosperidade. Tivo barrio xudeu e foi un dos lugares de paso do Camiño de Santiago.
Ao pasar a ser Briviesca a capital da Bureba, Pancorbo perdeu a súa importancia, entrando en decadencia.
A finais do XVIII contaba cunha fortaleza, que sería ocupada polas tropas napoleónicas ata 1813. O Exército de Galicia, ao mando do xeneral Blake, enfrontaríase na batalla de Pancorbo aos franceses.
En 1862 chegou o ferrocarril Madrid-Irún a Pancorbo, pero non significou ningún pulo para a poboación, dada a proximidade do nó ferroviario de Miranda de Ebro.