Paradoxo da auga e do diamante
O paradoxo do valor (tamén coñecido como paradoxo diamante-auga ou da agua e o diamante)[1][2] é a contradición de que aínda que a auga é máis útil, en termos de supervivencia, que os diamantes, os diamantes teñen un prezo de mercado máis elevado. O filósofo Adam Smith é considerado a miúdo o presentador clásico deste paradoxo, aínda que xa apareceu no Eutidemo de Platón.[3] Nicolao Copérnico,[4] John Locke, John Law[5] e outros xa intentaran explicar a disparidade.
Século XVIII
[editar | editar a fonte]Adam Smith enunciouno do seguinte xeito: “Nada é máis útil que a auga, pero case nada se pode mercar con ela. Os diamantes, pola contra, non serven para nada, pero moitas veces pódense cambiar por el unha gran cantidade de cousas". Este paradoxo serviu de fío condutor ao longo do século XIX para resolver a cuestión do valor e ilustra a distinción entre valor de cambio e valor de uso.[6][7]
Século XIX: Utilidade marxinal
[editar | editar a fonte]Este paradoxo serviu de fío condutor ao longo do século XIX para resolver a cuestión do valor e ilustra a distinción entre valor de cambio e valor de uso. William Stanley Jevons, coa súa teoría da utilidade marxinal, proporcionou unha solución ao paradoxo, explicando que o valor no mercado dun ben non é determinado pola súa utilidade total, senón pola súa utilidade marxinal. Ademais, Jevons é famoso polo enunciado do "paradoxo de Jevons", que afirma que o aumento na eficiencia no uso dun recurso leva ao aumento no seu consumo total, e non á súa redución, como se podería esperar intuitivamente.[8]
Sobre o paradoxo diamante-agua, segundo Jevons, o valor dun ben é determinado pola última unidade consumida e a súa utilidade adicional para o consumidor.[9] Por exemplo, a auga, sendo abundante, ten unha utilidade marxinal baixa, aínda que a súa utilidade total sexa alta. Os diamantes, por seren escasos, teñen unha utilidade marxinal alta e, polo tanto, un valor de mercado máis elevado, a pesar de teren unha utilidade total inferior á da auga. Esta distinción entre utilidade total e utilidade marxinal permitiu reconciliar o aparente paradoxo entre o valor de uso e o valor de cambio.[10]
Porén, antes de Jevons, Hermann Heinrich Gossen xa formulara un principio similar, coñecido como Leis de Gossen, que enunciaba que a utilidade marxinal dun ben diminuía a medida que a cantidade consumida aumentaba.[11]
Eugen von Böhm-Bawerk ilustrou a teoría da utilidade marxinal co exemplo dun labrego con cinco sacos de grans.[12]
Críticas
[editar | editar a fonte]Enfoque individualista e desconsideración do traballo
[editar | editar a fonte]A teoría da utilidade marxinal foi criticada por ter un enfoque individualista e por ignorar a teoría do valor-traballo, central na análise marxista.[13]
Desigualdade e reducionismo do valor a utilidade
[editar | editar a fonte]Critícase tamén por non abordar a desigualdade social e económica, e por reducir o valor á utilidade, ignorando complexidades económicas.[14] Pode explicar por que os bens escasos teñen un alto valor de mercado, pero non aborda as cuestións estruturais que levan á desigual distribución dos bens.
Relación co mercado e neutralidade ética
[editar | editar a fonte]A teoría da utilidade marxinal e a resolución do paradoxo do valor están estreitamente ligadas á existencia de mercados libres e competencia perfecta. Varios críticos argumentan que iso é unha representación idealizada que non corresponde á realidade económica, onde o poder de mercado, as barreiras á entrada, e outras imperfeccións desempeñan un papel chave.[15]
A teoría tamén foi criticada por algúns por ser eticamente neutral, permitindo que calquera preferencia ou utilidade sexa considerada válida, sen cuestionar as implicacións morais ou éticas das eleccións económicas ou dos patróns de consumo.[16][17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Perutes, Francisco (2022-08-31). "O que é o paradoxo diamante-água e qual é a sua explicação?". Tudo sobre animais (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2023. Consultado o 2023-08-05.
- ↑ "Paradoja del diamante y el agua". eco-finanzas.com; diccionario (en castelán).
- ↑ Sandelin, Bo; Trautwein; Wundrak (2014). A Short History of Economic Thought (en inglés). Milton Park. pp. 23–24. ISBN 9781138780194.
- ↑ Gordon, Scott (1991). History and Philosophy of Social Science: An Introduction. ISBN 0-415-09670-7.
- ↑ Blaug, Mark (1962). Economic Theory in Retrospect. ISBN 0-521-57701-2.
- ↑ O diamante, como material dunha dureza excepcional, é de hoxe enorme interese para a industria e a artesanía especializada; non era así no momento da declaración do paradoxo. Os consumidores en xeral seguen achegándolles aos diamantes un "valor de cambio" moi superior ao "valor de uso", polo que para o que aquí nos interesa, o paradoxo segue estando vixente e sendo relevante.
- ↑ Smith, Adam (2017-06-01). A riqueza das nações (en portugués). p. 40. ISBN 9788520941393.
- ↑ "The Coal Question". Econlib (en inglés). Consultado o 2023-08-05.
- ↑ William Stanley Jevons. Jevons, W. S ( 1871), The Theory Of Political Economy.
- ↑ Stigler, George J. (1950). "The Development of Utility Theory. I". Journal of Political Economy 58 (4): 307–327. ISSN 0022-3808.
- ↑ Baumol, William J.; Blinder, Alan S. (2011-06-13). Economics: Principles and Policy (en inglés). Cengage Learning. ISBN 978-0-538-45367-7.
- ↑ Böhm-Bawerk, Eugen von (1891). The Positive Theory of Capital.
- ↑ "O Capital - Crítica da Economia Política". www.marxists.org. Consultado o 2023-08-05.
- ↑ Ignoto, Ankhesenaten Deo. "Sweezy Paul Teoria Del Desarrollo Capitalista" (en castelán e inglés).
- ↑ Economics Rules: The Rights and Wrongs of The Dismal Science. New York: W.W. Norton. 2015.
- ↑ Sen, Amartya (1979). "Utilitarianism and Welfarism". Journal of Philosophy (en inglés) 76 (September).
- ↑ Hausman, Daniel; McPherson, Michael; Satz, Debra (2016-12-15). "Economic Analysis, Moral Philosophy, and Public Policy". Higher Education from Cambridge University Press (en inglés). Consultado o 2023-08-05.