Peaky Blinders
Peaky Blinders | |
---|---|
Formato | Drama histórico, acción, crime |
Creado por | Steven Knight |
Desenvolvido por | Katie Swinden |
Dirixido por | Otto Bathurst Tom Harper Colm McCarthy |
Intérpretes | Cillian Murphy Sam Neill Paul Anderson Joe Cole Finn Cole Harry Kirton Helen McCrory Annabelle Wallis Iddo Goldberg Adrien Brody Paddy Considine Alexander Siddig Benjamin Zephaniah |
Tema de apertura | "Red Right Hand" de Nick Cave and the Bad Seeds |
País de orixe | Reino Unido |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 6 |
Episodios | 36 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Caryn Mandabach Greg Brenman Steven Knight Cillian Murphy Jamie Glazebrook Frith Tiplady |
Localización(s) | Birmingham, Inglaterra |
Duración | 55-65 minutos |
Distribuidor | BBC (Internacional) The Weinstein Company (Estados Unidos) |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | BBC Two (1ª-4ª temporada) BBC One (5ª temporada) |
Formato de imaxe | 1080i HDTV |
Primeiro episodio | 12 de setembro de 2013 |
Derradeiro episodio | 22 de setembro de 2019 |
Na rede | |
http://www.bbc.co.uk/programmes/b045fz8r | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Peaky Blinders é unha serie de televisión británica emitida na canle BBC Two. O seu creador é o escritor británico Steven Knight e está protagonizada polo actor Cillian Murphy. A trama principal da serie é a vida dunha familia de gánsters de orixe xitana de Birmingham na década de 1920.
Os creadores da serie inspiráronse nos Peaky Blinders, unha banda criminal do Birmingham de finais do século XIX, que se di que levaban cosidas navallas nas súas boinas que logo utilizaban como armas.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome de Peaky Blinders non ten unha tradución exacta, pero a que máis se lle asemella é Os cegadores con boina.[1] Esta banda criminal existiu na realidade a finais do século XIX. A serie relata a súa historia de forma anecdótica e ficticia, aínda que tamén mestura feitos históricos.[2]
De cara finais do século XIX, Birmingham pasaba por un momento de crise e pobreza. Debido a esta desesperada situación, o crime semellaba a única saída para os máis novos da época; polo que se crearon diversas bandas criminais. [2] As pelexas, roubos, asasinatos, etc convertéronse en algo habitual. En pouco tempo, a banda dos Peaky Blinders converteríase nunhas das máis famosas e temidas. Estaba composta por irlandeses con orixe xitano e o seu barrio era o de Small Heath.
Os integrantes máis relevantes da banda foron David Taylor, Earnest Haynes, Harry Fowles, Stephen McNickle e Thomas Gilbert[3]
Na serie o líder é Thomas Shelby, pero na realidade a banda non estaba liderada por unha única familia[2] e non hai constancia do apelido da familia Shelby como xefes dos Peaky Blinders.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Cillian Murphy é Thomas Shelby; o xefe da banda. Heroe de guerra, ambicioso, e líder nato.
- Sam Neill é o inspector xefe Chester Campbell. Policía que chega a Birmingham co fin de cumprir unha misión.
- Helen McCrory é a tía Polly Gray. A líder feminina da familia Shelby.
- Annabelle Wallis interpreta a Grace Burgess, unha moza irlandesa que chega á vila cun pasado misterioso e escuro.
- Paul Anderson é Arthur Shelby. O irmán máis vello da familia. É impredicible, apaixonado e unha bomba de reloxería.
- Sophie Rundle é Ada Shelby, a irmá máis nova da familia. Mantén un romance secreto cun inimigo da familia, Freddie Thorne.
- Joe Cole interpreta a Jonh Shelby. É o irmán máis novo da familia.
- Tom Hardy é Alfie Solomons. Chega a serie misteriosamente como líder dunha banda criminal xudía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mariño, Henrique (28/6/2017). "Estos son los verdaderos Peaky Blinders". Público.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Documentalium: Los verdaderos Peaky Blinders, la banda real que inspiró la serie". Documentalium. 4/9/2017. Consultado o 22/4/2019.
- ↑ Blanco, Santiago (17/4/2018). "La historia real de los “Peaky Blinders”, la banda que inspiró la serie del momento". Vía País (en castelán). Consultado o 17/5/2019.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peaky Blinders |