Saltar ao contido

Pego, Alacant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPego, Alacant
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°50′35″N 0°07′03″O / 38.843055555556, -0.1175
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarca da Comunidade ValencianaMarina Alta Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.485 (2023) Editar o valor en Wikidata (198,39 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie52,85 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude82 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataEnrique Moll Briones (en) Traducir (2013–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal03780 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE03102 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos03102 Editar o valor en Wikidata

Páxina webpego.es Editar o valor en Wikidata

Pego é un concello da Comunidade Valenciana situado no nordeste da provincia de Alacant, no límite coa provincia de Valencia e na comarca da Marina Alta. Ten 11.043 habitantes (INE 2008). Foi historicamente centro do val que porta o seu nome así como tamén das poboacións dos vales veciños da comarca. O rei Pedro III creou a baronía de Pego (1262) e repoboouna con colonos barceloneses segundo documentación da época.

Foi cabeza de partido xudicial e pertenceu ás demarcacións históricas da gobernación de Xàtiva até o 1707 e despois á de Dénia até o 1833, ano en que pasa a pertencer á provincia de Alacant. A área comercial onde se inclúe é a de Gandia mantendo un mercado propio bastante importante.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O Val de Pego está composto polos concellos de Pego e de L'Atzúbia. Constitúe unha clara unidade física e humana situada no centro norte da comarca da Marina Alta, á beira da provincia de Valencia. É unha gran depresión rodeada de montañas, fóra da zona de levante onde hai unha formación de albufeira, pantano e un cordón areoso das devesas.

As montañas máis destacadas son: a Serra del Cavall (713 m de altura), Montnegre (653 m), Bodoix (556 m), Mostalla (359 m), Ambra (298 m). Os ríos do val son: Bullentó ou Calapatar, que dá orixe ao de Racons ou Molinell por medio do río Revolta que os serve de ligazón. Tamén hai os cantís de Benixat, Benituba, Castelló, Mostalla e Sant Joaquim. A súa pluviometría é das máis altas do país, o que fai que acumule augas do val e dos veciños e que haxa unha zona pantanosa. Foi moi destacado o cultivo do arroz bombón durante o século XX.

Accédese a esta localidade por estrada, dende Alacant, a través da N-332 tomando logo a CV-700. Pego limita cos termos municipais de L'Atzúvia, Dénia, Orba, Ràfol d'Almúnia, Sagra, Tormos, La Vall d'Ebo e Oliva, este último pertencente á provincia de Valencia.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 11.043 habitantes (2008). Un 18,7% da súa poboación censada é da inmigración, principalmente doutros países do continente europeo.[1]

Evolución demográfica de Pego[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2007 2008
Poboación 5.847 6.509 6.983 7.849 7.409 8.398 8.547 8.491 8.291 8.861 9.112 9.062 10.103 10.878 11.043

Economía

[editar | editar a fonte]
Cultivo do arroz

A súa economía descansa na agricultura de regadío, concretamente nos cítricos e no cultivo do arroz na zona de pantano, se ben é certo que os seus servizos se proxectan fóra da poboación. Ademais de cultivar numerosas laranxeiras, típicas do País Valenciano.

  1. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 29 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Poboación de feito segundo o INE. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.