Pippi Mediaslongas
Aparencia
Pippi Mediaslongas[1] (en sueco: Pippi Långstrump) é un personaxe de ficción literaria creado pola escritora sueca Astrid Lindgren. Está dotada dunha gran forza e deixa ver o amor da autora polos animais. Posúe un cabalo a lunares e mais un mono chamado Señor Nilsson. É orfa de nai e o pai é pirata e rei dos habitantes dunha illa dos mares do sur.
Pippi Mediaslongas foi traducida ao galego por David A. Álvarez Martínez e editada por Kalandraka en 2017.[2]
Libros
[editar | editar a fonte]- Pippi Mediaslongas (1945, publicado en galego en 2017)
- Pippi Mediaslongas embarca (1946, publicado en galego en 2018)
- Pippi Mediaslongas nos Mares do Sur (1948, publicado en galego en 2019)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ García, Rocío (20 de setembro de 2016). "O pai estradense de Pippi Mediaslongas". La Voz de Galicia. Consultado o 21 de setembro de 2017.
- ↑ http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/64185-lembras-pippi-fala-galego
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |