Saltar ao contido

Rúa Real (A Coruña)

Rúa Real
Rúa Real
Tipoloxíarúa
Dimensións
Lonxitude0,3 km
Formatopeonil
Localización
InicioRúa Rego de Auga
FinCantón Grande

A rúa Real é unha rúa da Coruña situada no barrio da Pescaría[1] da cidade.

É unha rúa peonil situada entre a rúa Rego de Auga e o Cantón Grande.

A rúa Real é unha das máis antigas da cidade da Coruña e supuña o camiño principal de acceso á Cidade Vella. En escavacións dos anos 1949 e 2004 atopáronse tumbas dos séculos III ao IV.[2]

Inicialmente comezaba na praza de San Xurxo, situada diante da antiga igrexa e cemiterio de San Xurxo, que estaban situados onde se construíu o Teatro Rosalía de Castro. Dende 1791 ten o trazado actual.[3] Ata polo menos 1793 existiu unha capela contigua ao edificio da Aduana.[4]

No número 94 fundouse en 1893 o Casino Republicano[5] e en 1916 tivo lugar no número 38 a primeira xuntanza das Irmandades da Fala.[6]

A rúa foi chamada Acevedo en varias ocasións durante o século XIX e entre 1931 e 1936 rúa do Capitán Galán.[3]

Veciños e comercios

[editar | editar a fonte]
Casa de Juana de Vega na rúa Real.
Placa en lembranza da primeira exposición de Picasso.

No número 56 viviron tanto Juana de Vega como Adelaida Muro e no número 75 viviron e morreron Eusebio da Guarda e Modesta Goicouría. No número 11 naceu Eduardo Dato.[7]

Na rúa estiveron os establecementos do músico Canuto Berea e do fotógrafo Pedro Ferrer[8] e no número 55 tivo a súa sede a Banca Obanza.

Ao principio da rúa Real estivo o Salón París, que foi cine entre 1908 e 1999,[9][10] e no número 94 o cine Savoy (logo Ya-Voy), edificio desaparecido de estilo art déco de Antonio Tenreiro e Peregrín Estellés.[11] No número 20 tivo lugar a primeira exposición de Picasso en 1895.[12]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Na rúa Real consérvanse algúns edificios destacados:[13]

Tamén ten fachada á rúa Real o edificio da antiga Aduana (1779, reformado en 1846 por Faustino Domínguez Domínguez), actual sede da Subdelegación do Goberno.

No número 74 estaba o mural de Urbano Lugrís[15] "Vista de A Coruña 1669" trasladado en 2016 á oficina de Abanca da rúa dos Olmos.[16]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Cultura Coruña
  2. Naveiro López, Juan. "Arqueología urbana en A Coruña y definición del asentamiento romano" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Las losas que pisan todos los coruñeses
  4. Vigo Trasancos, Alfredo (2007). A Coruña y el siglo de las luces. Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña. 
  5. Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos. A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 
  6. García, Rodri (5 de febreiro de 2016). "O xermolo das Irmandades da Fala que plantou Villar Ponte cumpre un século". La Voz de Galicia. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  7. "La milla cultural coruñesa pierde peso en la calle Real". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  8. Ventureira, Rubén (3 de marzo de 2007). "Pedro Ferrer, fotógrafo y editor del primer disco gallego, tendrá calle en la ciudad". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  9. Martín Gutiérrez, Emilio. "El Salón “Villa de París” de La Coruña" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de marzo de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  10. "El adiós del Chaplin eleva a ocho los cines cerrados en los últimos 15 años". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  11. Soraluce Blond, José Ramón (2004). A Coruña: Arquitectura desaparecida. Los espacios del ocio (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de marzo de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  12. Picasso en A Coruña: o nacemento dun pintor (PDF). Concello da Coruña. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  13. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  14. "La huella de un ecléctico". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2016. 
  15. "El futuro de un mural de Lugrís es una incógnita al cerrarse el Café Vecchio de la calle Real". El Ideal Gallego (en castelán). 31 de xullo de 2015. Consultado o 20 de febreiro de 2016. 
  16. El mural de Urbano Lugrís ya está instalado en la Oficina Principal de Abanca

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]