Saltar ao contido

Robert F. Kennedy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert F. Kennedy

(1964) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Robert Francis Kennedy Editar o valor en Wikidata
20 de novembro de 1925 Editar o valor en Wikidata
Brookline, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte6 de xuño de 1968 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Nacional de Arlington, Section 45, grave S-45-A 38°52′52″N 77°04′17″O / 38.881174, -77.071499 Editar o valor en Wikidata
Senador dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1967 – 6 de xuño de 1968 (finado no cargo)Charles Goodell (pt) Traducir →
Lexislatura: 90th United States Congress (en) Traducir

Circunscrición electoral: New York Class 1 senate seat (en) Traducir

Senador dos Estados Unidos
3 de xaneiro de 1965 – 3 de xaneiro de 1967
← Kenneth Keating (pt) Traducir
Lexislatura: 89th United States Congress (en) Traducir

Circunscrición electoral: New York Class 1 senate seat (en) Traducir

64º Procurador-geral dos Estados Unidos (pt) Traducir
20 de xaneiro de 1961 – 3 de setembro de 1964
← William P. Rogers (pt) TraducirNicholas Katzenbach (pt) Traducir →
Nomeado por: John F. Kennedy
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Virxinia - dereito (–1951)
Universidade Harvard - grao en Artes (–1948)
V-12 Navy College Training Program (en) Traducir
Milton Academy (pt) Traducir
Portsmouth Abbey School (en) Traducir
Harvard College
University of Virginia School of Law (en) Traducir
Bates College
Riverdale Country School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Washington, D.C. Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, avogado, oficial, escritor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor en Wikidata - 1946 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
LealdadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Rango militarSeaman apprentice (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
DeporteFútbol americano Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Harvard Crimson football
Familia
FamiliaFamília Kennedy (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeEthel Skakel Kennedy (1950–1968), morte Editar o valor en Wikidata
FillosKathleen Kennedy Townsend, Joseph P. Kennedy II, Robert F. Kennedy Jr., David A. Kennedy, Courtney Kennedy Hill, Michael LeMoyne Kennedy, Kerry Kennedy, Christopher G. Kennedy, Max Kennedy, Douglas Harriman Kennedy, Rory Kennedy Editar o valor en Wikidata
PaisJoseph P. Kennedy Editar o valor en Wikidata  e Rose Kennedy Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph P. Kennedy
John F. Kennedy
Rosemary Kennedy
Kathleen Kennedy Cavendish
Eunice Kennedy Shriver
Patricia Kennedy Lawford
Jean Kennedy Smith
Edward Kennedy Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0448305 Allocine: 220785 Allmovie: p392351
BNE: XX986552 Musicbrainz: 1a14d4d3-f10d-48c2-b259-45de2ab26871 Discogs: 2132190 WikiTree: Kennedy-753 Find a Grave: 573 Editar o valor en Wikidata

Robert Francis "Bobby" Kennedy, nado en Brookline (Massachusetts) o 20 de novembro de 1925 e asasinado nos Ánxeles (California) o 6 de xuño de 1968, foi unha personalidade do dereito estadounidense, e o irmán máis novo do presidente John F. Kennedy. Foi designado polo seu irmán coma fiscal xeral para a súa administración.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Robert Kennedy era o sétimo fillo de Joseph P. Kennedy e Rose Kennedy. Asistiu e graduouse na Universidade Harvard en 1948, tras servir durante pouco tempo na Armada. Recibiu a súa graduación en dereito polo Colexio Legal da Universidade de Virxinia en 1951 e posteriormente encargouse de asesorar (con bastante éxito) ó seu irmán John para o comezo da súa campaña ó senado en 1952.

O presidente Kennedy premiou ó seu irmán nomeándoo fiscal xeral dos Estados Unidos. Durante a administración Kennedy, "Bobby" foi asesor do presidente. Un dos problemas aos que tivo que enfrontarse foi a invasión de Baía de Cochinos en Cuba no ano 1961, así coma a crise dos mísiles de Cuba 18 meses máis tarde. Tamén se enfrontou coa escalada militar en Vietnam e cos movementos en defensa dos dereitos civís. É recordado sobre todo polos seus traballos nos dereitos civís. Tralo asasinato do presidente Kennedy en 1963, Robert permaneceu coma fiscal xeral aínda que as súas relacións co seguinte presidente, Lyndon B. Johnson, non foron boas.

Trala morte de JFK, Robert pensou que podía obter a vicepresidencia no goberno de Johnson. Porén, despois de que Johnson confirmara que non contaba con el para o cargo, abandonou o gabinete do presidente. Iniciou a campaña para conseguir unha cadeira no senado coma representante por Nova York. Foi elixido en novembro de 1964, derrotando ó seu opoñente republicano, Kenneth Keating.

Candidatura á presidencia e asasinato

[editar | editar a fonte]
Tumba no cemiterio de Arlington.

Nun principio, Kennedy negou as especulacións que afirmaban que ía intentar ser o candidato demócrata ás eleccións á presidencia de 1968, enfrontándose ó seu compañeiro de partido, o presidente Johnson. Johnson obtivo unha vitoria débil nas primarias de Nova Hampshire contra o senador Eugene McCarthy, un candidato anti-guerra; pouco despois, Kennedy anunciou a súa candidatura o 16 de marzo. Dúas semanas despois, Johnson declarou nunha intervención televisada que non ía presentarse á reelección.

O 5 de xuño de 1968, Kennedy realizou un discurso de agradecemento ós seus electores no Hotel Ambassador dos Ánxeles. Mentres se dirixía por un andar cheo de xente cara ás cociñas do hotel, Sirhan Sirhan, un home de 22 anos residente nos Ánxeles e con ascendentes palestinos, apareceu disparando cun revólver do calibre 22 contra a multitude que enchía o andar. Diversas persoas resultaron feridas, entre elas o senador Kennedy ao que disparou a queimarroupa. Sirhan confesou o seu crime por ser contrario ao apoio político a Israel do senador, e condenárono a cadea perpetua.

Robert F. Kennedy faleceu a primeira hora da mañá do día 6 de xuño, aos 42 anos. Está enterrado preto do seu irmán John no cemiterio de Arlington.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]