Roller Club Biasca
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
RC Biasca | |
---|---|
Cidade | Biasca, Tesino Suíza |
Historia | 1985 |
Fundado | 1985 |
Pavillón | Palaroller |
Competición | LNA Suíza |
Cores | Violeta e amarelo |
Sitio web Sitio web oficial |
O Roller Club Biasca é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Biasca, no Cantón de Tesino (Suíza). Actualmente compite na LNA, a máxima categoría deste deporte en Suíza. É o único equipo de hóckey a patíns da Suíza italiana e foi fundado en setembro de 1985.
Conta no seu palmarés con dous títulos da segunda categoría do hóckey a patíns suízo, a LNB, acadados en 1990 e 1992.
En 1989 e 1992 recibiu o recoñecemento ao mérito deportivo de Biasca, e en 1993 o recoñecemento da asociación de prensa deportiva do Cantón de Tesino.
Dende 1997 xoga os seus partidos como local no novo pavillón multiúsos denominado Palaroller.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |