Saltar ao contido

Raio de van der Waals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O raio de van der Waals é o raio dunha esfera sólida imaxinaria empregada para modelizar o átomo.

Os gases reais non se comportan exactamente como predí o modelo de gas ideal podendo ser a desviación considerábel nalgúns casos. Así, por exemplo, os gases ideais non presentan transicións de fase líquida ou sólida, independentemente do descenso de temperatura ou incremento de presión ao que sexan sometidos.

Unha das modificacións da lei dos gases ideais proposta é a ecuación de estado de van der Waals, que introduce dous parámetros a e b obtidos experimentalmente e que dependen da natureza do gas. O factor de corrección b denominado volume de exclusión, fai referencia tanto ao volume propio dos átomos, coma ao volume circundante no que non pode haber outros porque a esa distancia predominan as forzas de repulsión entre os átomos do gas (forzas de van der Waals).

Unha vez coñecido o valor do volume de exclusión, obtido experimentalmente para axustar a ecuación de van der Waals ao comportamento real do gas, o raio r pode obterse da ecuación:

onde:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]