Saltar ao contido

Rede de área extensa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rede de área extensa
AcrónimoWAN
editar datos en Wikidata ]

A rede de área extensa ou WAN (acrónimo inglés derivado de "wide area network") é un tipo de rede que cobre unha área extensa. O exemplo máis coñecido de WAN é a propia Internet.

As redes de área extensa acostuman estar formadas por varias redes de área local xuntas, co que os usuarios e computadoras nun lugar poden comunicarse con usuarios e computadoras noutro lugar.

Moitas redes de área extensa pertencen a organizacións particulares e son privadas, outras, feitas por ISPs, proporcionan acceso desde unha LAN dunha organización a Internet.

As WANs utilizan comunmente como protocolo de comunicación TCP/IP, X.25, ATM ou Frame Relay.

Agora que Internet é unha WAN moi rápida, a necesidade de liñas dedicadas por parte das organizacións reduciuse, e son moi utilizadas as redes privadas virtuais, que utilizando encriptación e outras técnicas dan a sensación de ser redes dedicadas, mentres que están a ser aprovaitadas as infroestruturas da WAN.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.