Saltar ao contido

Repostaría

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torta de aniversario.

A repostaría[1] ou pastelaría[2] é a arte de preparar ou decorar pasteis ou outras sobremesas doces como o biscoito, filloas, etc. O estabelecemento onde se venden estes sobremesas coñécese como pastelaría, dozaría ou confeitaría.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

No pasado, a palabra repostaría quería dicir "despensa", foi o lugar nomeado para o almacenamento de provisións, e onde se elaboraban os doces, pasteis, carnes frías e embutidos. O reposteiro maior dun palacio era a persoa responsable de gobernar tódalas necesidades domésticas.[3] Despois dun certo tempo, a posición foi honoraria e sempre a ocupaba unha persoa que viña dunha familia de gran liñaxe.[Cómpre referencia]

Dende o inicio do século XVIII, a palabra repostaría referiuse á arte de facer pasteis, sobremesas, doces, turrónsxeados e certos licores.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para repostaría.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pastelaría.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para reposteiro.