Ruby Sparks
Aparencia
Ruby Sparks | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ruby Sparks |
Director | Jonathan Dayton e Valerie Faris |
Produtor | Albert Berger Bart Lipton Ron Yerxa |
Guión | Zoe Kazan |
Intérpretes | Paul Dano Zoe Kazan Annette Bening Antonio Banderas Steve Coogan Elliott Gould Chris Messina |
Música | Nick Urata |
Fotografía | Matthew Libatique |
Montaxe | Pamela Martin |
Estudio | Bona Fide Productions |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures |
Estrea | 2012 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Romance, comedia |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/rubysparks | |
Ruby Sparks é un filme estadounidense dirixido por Jonathan Dayton e Valerie Faris que se estreou no 2012.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Historia dun escritor que se namora dun dos seus personaxes femininos. Calvin Weir-Fields (Paul Dano) foi un neno-prodixio, cuxa primeira novela tivo un grande éxito. Pero, dende entón, sofre un sistemático bloqueo creativo agravado pola súa deprimente vida amorosa. Finalmente, consegue crear unha personaxe feminina, Ruby Sparks (Zoe Kazan), que acaba materializándose e compartindo a vida con el.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Paul Dano como Calvin Weir-Fields
- Zoe Kazan como Ruby Tiffany Sparks
- Antonio Banderas como Mort
- Steve Coogan como Langdon Tharp
- Elliott Gould como Dr. Rosenthal
- Chris Messina como Harry
- Deborah Ann Woll como Lila
- Alia Shawkat como Mabel
- Toni Trucks como Susie
- Aasif Mandvi como Cyrus Modi
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2012: Independent Spirit Awards: Nomeado a mellor guión.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)