Saltar ao contido

Rudolf Diesel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRudolf Diesel

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Rudolf Christian Karl Diesel Editar o valor en Wikidata
18 de marzo de 1858 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte30 de setembro de 1913 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Canal da Mancha Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, afogamento Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturamar Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLondres Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Técnica de Múnic
Universidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Director de teseCarl von Linde (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñeiro Editar o valor en Wikidata
Ocupacióninventor, enxeñeiro, emprendedor, esperantista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSulzer (pt) Traducir
MAN SE Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeLouise Martha Diesel Editar o valor en Wikidata
FillosHedwig von Schmidt, Eugen Diesel Editar o valor en Wikidata
ParentesPaul Barnickel, sobriño Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дизель Рудольф)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Diesel-10 Find a Grave: 16273257 Editar o valor en Wikidata

Rudolf Christian Karl Diesel, nado en París o 18 de marzo de 1858 e finado na Canle da Mancha o 30 de setembro de 1913, foi un enxeñeiro alemán, inventor do motor de combustión de alto rendemento que leva o seu nome, o motor diésel. Motor aplicábel á locomoción, presentado na feira internacional de París como o primeiro motor que usa aceite mineral como combustible e posteriormente chamado "motor de combustión", posteriormente tomaría o nome do seu inventor.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de inmigrantes bávaros, naceu en París. En 1870 a familia tivo que abandonar Francia ao estalar a guerra franco-prusiana, e Rudolf foi enviado a Augsburgo.

Discípulo do inventor da neveira Carl von Linde a partir de 1875 en Múnic. Regresou a París como representante da empresa de máquinas frigoríficas do seu mestre.

Entre 1893 e 1897 construíu en MAN (pertencente ao grupo Krupp) o primeiro motor do mundo que queimaba aceite vexetal (aceite de palma) en condicións de traballo.

O Instituto de Enxeñeiros Mecánicos concedeulle a Orde do Mérito polas súas investigacións e desenvolvementos sobre os motores con aceite de cacahuete, posteriormente usaron petróleo por ser máis barato.

Considerábase a si mesmo como un filósofo social, aínda que o seu libro Solidarity, onde describe a súa visión da empresa, só vendeu 200 exemplares.

Suponse que morreu o 29 / 30 de setembro de 1913 e (suponse que) afogado, pois desapareceu do buque que cubría o traxecto de Anveres a Harwich no que viaxaba. Un par de días despois o seu corpo foi atopado por un bote da garda costeira. Como era o común nese entón, só se tomaron as súas pertenzas (identificadas posteriormente polo seu fillo) e o corpo foi lanzado de novo ao mar.[Cómpre referencia]

Manéxanse varias hipóteses sobre a súa morte, a primeira indica que se suicidou en vista de atoparse en quebra, aínda que a súa familia creu que foi asasinado e as súas ideas roubadas. Outra hipótese indica que axentes alemáns asasinárono para evitar a difusión dos seus inventos, en vista de que a guerra atopábase próxima e el estaba decidido a permitir que calquera (Francia e Inglaterra entre eles) comprase licenzas sobre as súas patentes.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]