Século -XXVI
Aparencia
século -XXVII < século -XXVI > século -XXV
O século XXVI antes de nosa era comezou o 1 de xaneiro do ano 2600 a.C. e terminou o 31 de decembro de 2501 a.C.
Acontecementos relevantes
[editar | editar a fonte]- En Rødøy (Noruega) debúxanse skis, o que demostra o seu uso.
- En Iraq doméstanse o Camelo bactriano e o dromedario.
- Continúan as guerras mesopotámicas do período dinástico arcaico (entre 2900 e 2334 a.C.).
- c. 2614-2579 a.C.: reina o faraón Seneferu, o primeiro gobernante da IV dinastía exipcia, do Imperio Antigo de Exipto.[1][2]
- c. 2600 a.C.: na serra dos Cuchumatanes (Guatemala) configúrase a lingua maia.[3]
- c. 2600 a.C.: aparecen as civilizacións megalíticas no sueste e suroeste da Península Ibérica, entre elas Los Millares.
- c. 2600 a.C.: A Civilización do val do Indo acada a madureza para converterse nunha poderosa civilización.
- c. 2600-2500 a.C.: en Dinamarca celébranse banquetes de caza con cabalos salvaxes.[4]
- c. 2600 a.C. - 1900 a.C.: Constúese un gran depósito de auga, posiblemente unha zona de baños públicos ou rituais, Mohenjo-daro, Civilización do val do Indo.
- c. 2589 a.C.: o faraón Queops comeza a reinar. Constrúese a Gran Pirámide de Gizeh (Río Nilo). (Outra data é 2789 a.C.).
- c. 2578 a.C.: morre Queops.
- c. 2550 a.C.: Mesannepada é o rei de Ur (será sucedido polo seu fillo), e funda a primeira dinastía de Ur e derroca ao último rei de Uruk, e o rei Mesalim de Kish.[5]
- c. 2547 a.C.: en Exipto comeza a reinar Quefrén. Constrúese a Grande Esfinxe de Gizeh.
- c. 2514 a.C.: en Exipto comeza a reinar Micerinos.
- c. 2503 a.C.': morre o faraón Micerinos.
- c. 2500 a.C.: a lendaria liña de Os tres Augustos e os cinco Emperadores da China é fundada polo Emperador Amarelo.
- c. 2500 a.C.: comeza a construción do círculo de pedra en Stonehenge e continúa durante os seguintes cincocentos anos.
- c. 2500 a.C.: "Micerinos e unha raíña, quizais a súa muller, a raíña Khamerernebty II", atopada en Gizeh. IV dinastía exipcia. Atópase no Museo de Belas Artes de Boston.
Culturas
[editar | editar a fonte]- A cultura Butmir existiu en Butmir, preto de Ilidža, Bosnia e Hercegovina, data do Neolítico. Caracterízase pola súa cerámica única e é unha das culturas europeas mellor investigadas entre o 2600 e o 2400 a.C.
- c. 2600 a.C.: As cidades de Assur, Nineveh, Gasur e Arbela xunto con outras cidades e vilas existían polo menos desde a metade do III milenio antes de Cristo, aínda que parecen ser centros administrativos gobernados por Sumeria nese momento, en lugar de estados independientes.
Personaxes relevantes
[editar | editar a fonte]- c. 2601 a.C. – 2578 a.C., reinado do faraón Queops da IV dinastía exipcia (Imperio Antigo de Exipto)
- 2575 a.C., o faraón Snefru da IV dinastía exipcia.[6]
- 2528 a.C., Djedefre é faraón.[6]
- 2520 a.C., Quefrén é faraón.[6]
Defuncións
[editar | editar a fonte]- Morre Queops.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ Segundo o exiptólogo von Becker C .: en Creta comeza a fase 1 do período pre-palacianoo.
- ↑ Segundo Mellersh (1970).
- ↑ Alfredo Barrera Vásquez. Dicionario Maia-Español, Cordemex. México, 1980
- ↑ Segundo Clutton-Brock.
- ↑ Segundo Roux (1980).
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Baines, John; Málek, Jaromír (1989). Atlas of Ancient Egypt. New York, N.Y. : Facts on File Publications. ISBN 9780871963345.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Século -XXVI |