Saltar ao contido

Wong Kar-wai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWong Kar-wai

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1958 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Shanghai, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Presidente do xurado do Festival de Cannes

← Emir KusturicaStephen Frears → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaShanghai Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Hong Kong (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema, guionista, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1982 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
MovementoHong Kong Second Wave (en) Traducir e Hong Kong New Wave (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0939182 Allocine: 20809 Allmovie: p194627
BNE: XX1363531 Musicbrainz: 9b8144b4-6a3e-48fe-9adf-e32b65d82e31 Discogs: 1227531 Editar o valor en Wikidata

Wong Kar-Wai (chinés tradicional: 王家衛; chinés simplificado: 王家卫; pinyin: Wáng Jiāwèi), nado en Shanghai o 17 de xullo de 1958, é un director de cinema chinés de Hong Kong.

Xuntamente con directores como Eddie Fong, Stanley Kwan e Clara Law, pertence ao movemento chamado Segunda Nova Onda do cinema de Hong Kong. Foi o primeiro chinés a gañar o premio á mellor dirección no Festival de Cannes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nado en Shanghai, foi bautizado co sobrenome de familia Wong, que vén antes do prenome Kar-Wai, segundo a cultura chinesa. Mudouse cos seus pais a Hong Kong en 1963. Vindo da China continental e falando só mandarín de Shangai, a súa nai levábao con frecuencia a salas de cinema, como unha forma de acelerar a súa exposición ao dialecto cantonés falado en Hong Kong, que comezou a falar con fluidez a partir dos 13 anos.[1]

A mediados da década de 1970 estudou deseño gráfico na Escola Politécnica de Hong Kong. Graduouse en 1980 e interesouse pola fotografía, en particular polo traballo de Robert Frank, Henri Cartier-Bresson e Richard Avedon; matriculouse despois da súa formación en 1980 nun programa de adestramento patrocinado pola canle Television Broadcasts Limited (HKTVB).[2] Recoñecido polo seu traballo inicial como asistente de produción dunha serie de xornais, progresou rapidamente para a escrita de guións, principalmente para a popular telenovela Don't Look Now en 1981, e pasou a se dedicar unicamente a esa carreira. Deixou a HKTVB o ano seguinte para converterse en guionista a tempo completo para o cinema, escribindo guións dos máis variados xéneros, sempre cunha vea comercial, para as renomadas empresas de produción local The Wing Scope Co. e In-gear Film Production Company. Alén de asinar os guións dos filmes Rainbow (1982), Chase a Fortune (1985) e The Final Victory (1987), Wong Kar-Wai colaborou dalgunha forma en preto doutros cincuenta filmes, aínda que non sempre fose acreditado.[3] Durante ese período, encontrou no director de The Final Victory Patrick Tam un mentor que lle presentou o traballo do escritor arxentino Manuel Puig, que inlfuíu a Wong Kar-Wai, particularmente pola narrativa fragmentária de Boquitas pintadas.

Carreira cinematográfica

[editar | editar a fonte]

Mentres traballaba en The Final Victory, Wong Kar-Wai preparaba a súa estrea como director de cinema, o filme policíaco Wong Gok Ka Moon. Aínda que gardaba semellanza con obras comerciais baseadas nas artes marciais do cinema de Hong Kong, a primeira longametraxe do cineasta rexistraba un estilo visual propio e facía tributo ao filme Quérote, Nova Iorque, de Martin Scorsese.[4] Lanzado en 1988, Wong Gok Ka Moon foi unha sensación no circuíto local e posibilitou que Kar-wai se centrase na dirección cinematográfica.[2]

En 1990, Wong Kar-wai realizou a súa segunda longametraxe, A Fei Zheng Chuan. Aínda que foi un fracaso comercial que custou moito diñeiro para a produtora, o filme recibiu eloxios da crítica e os seus primeiros premios internacionais, alén de presentar algunhas das características que se tornarían en marca rexistrada do estilo do director como o enfoque en personaxes melancólicas e desaxustadas, atormentadas polos recordoss, con historias tortuosas, contadas sobre un fondo de bandas sonoras elaboradas.[5] No mesmo período e ao lado do seu colega de dirección Jeff Lau, fundou a Jet Tone Films, a súa propia produtora, co obxectivo de ter total control sobre os seus proxectos e facer filmes á súa maneira.[6]

A primeira produción da Jet Tone Films foi Dung Che Sai Duk, que Wong Kar-wai comezou a traballar en 1992.[7] Este épico wuxia levoulle preto de dous anos de filmacións no deserto de Gobi e millóns de dólares.[8] O cansazo causado pola longa produción e o elevado custo da obra levouno a rodar, nun intervalo da posprodución de Dung Che Sai Duk, un filme paralelo, Chung Hing Sam Lam, de baixo orzamento e menos esforzo creativo que foi filmado e montado en só tres meses e que se estreou pouco antes da conclusión de Dung Che Sai Duk, en 1994.[9] Alén de lle render recoñecemento internacional, especialmente en Europa e nos Estados Unidos, Chung Hing Sam Lam representou un escape do cineasta, que o axudou a finalizar o seu filme épico meses despois, aínda que non fose recoñecido na época como un éxito comercial nin de crítica.

En 1995, estreou Duo Luo Tian Shi, que orixinalmente foi concibido xunto ao proceso de produción de Chung Hing Sam Lam, mais acabou desmembrado nun filme propio. Dous anos máis tarde, estreou Chun Gwong Cha Sit, a súa sexta longametraxe e que lle proporcionou o premio á mellor dirección no Festival de Cannes. Wong Kar-wai consolidouse como un autor recoñecido pola crítica cos seus dous filmes seguintes, Fa Yeung Nin Wa e 2046, lanzados respectivamente en 2000 e 2004. Tamén dirixiu un dos tres segmentos do filme Eros, 2004, e dous anos despois foi convidado para presidir o xurado do Festival de Cannes, sendo o primeiro director chinés que o fixo.

En 2007, foi estreado My Blueberry Nights, a súa novena longametraxe e primeiro realizado integramente en lingua inglesa, que foi protagonizado pola cantante Norah Jones. En 2013, finalizou Yi dai zong shi, baseado na vida do mestre de kung fu Yip Man.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título orixinal Título internacional
1988 旺角卡門 Wong gok ka moon As Tears Go By
1990 阿飛正傳 Ah fei zing zyun Days of Being Wild
1994 重慶森林 Chung Hing sam lam Chungking Express
東邪西毒 Dung che sai duk Ashes of Time
1995 墮落天使 Do lok tin si Fallen Angels
1997 春光乍洩 Chun gwong cha sit Happy Together
2000 花樣年華 Faa yeung nin wa In the Mood for Love
2004 2046 2046
2007 My Blueberry Nights My Blueberry Nights
2013 一代宗師 Yi dai zong shi The Grandmaster
TBA 繁花 Fán huā Blossoms
  1. "Interview with Wong Kar Wai" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2008-06-29. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 "Wong Kar Wai" (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  3. Stokes, Lisa Odham (1999). City on Fire: Hong Kong Cinema. Londres. ISBN 1-85984-203-8. 
  4. Saito, Bruno Yutaka (15 de abril de 2007). "Lançamentos evidenciam a maturação da obra de Kar-wai". Consultado o 21 de fevereiro de 2014. 
  5. Gazzola (2008). "Amor à Flor do Vinho" (PDF). p. 113. Consultado o 22 de fevereiro de 2014. 
  6. Rayns (2000). "Charisma Express" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2005. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  7. Scarlet Cheng (3 de outubro de 2008). "Wong Kar-wai’s Phoenix Project, Rising at Last" (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  8. Laurence Van Gelder. "Ashes Of Time (1994)" (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 
  9. Lee, Hyo-won (9 de dezembro de 2013). "Wong Kar-Wai Reminisces About Hellish Shoot for 'Ashes of Time'" (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]