Saltar ao contido

Wak Kimi Janaab' Pakal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWak Kimi Janaab' Pakal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de novembro de 799 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Palenque, México Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Ajaw de Palenque
17 de novembro de 799 – valor descoñecido
← K'inich K'uk' Bahlam IISupresión do cargo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata

Wak Kimi Janaab' Pakal[1] ou Janaab Pakal III[2] foi un ahau ou gobernante maia do ajawlal ou señorío de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', no presente coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, no actual estado mexicano de Chiapas. É tamén referido como 6 Cimi Pakal. O seu nome foi traducido como 6 Escudo Morte. É o derradeiro gobernante que se coñece de Palenque.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De acordo á conta longa do calendario maia, foi entronizado o 9.18.9.4.4 7 k'an 17 muwan, equivalente ó 13 de novembro do ano 799. É o único dato que se coñece deste personaxe, o cal foi atopado nunha vasilla de cerámica de cor negra do complexo cerámico Balunté.[3] A vasilla foi atopada nun complexo residencial. Esta data é, ademais, a última que se ten documentada de Palenque.[4]

Pola forma en que se escribiron as datas do calendario obsérvase unha influencia das culturas do centro de México. Crese que foi nesta época cando ocorreu o colapso de Palenque. Aínda que existe un ladrillo con data do ano 814 que se atopou en Comalcalco que ten o glifo de B'aakal, descoñécese se este fai referencia a Palenque ou a Comalcalco, pois esta última localidade tamén utilizou o mesmo glifo.[5]

  1. Grube, 2006; 458
  2. Florescano, 2009; 235
  3. Liendo, 2003; 110
  4. Eggerbrecht, 2001; 96
  5. Skidmore, 2008; 91

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]