Saltar ao contido

Walter Bagehot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWalter Bagehot

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1826 Editar o valor en Wikidata
Langport, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de marzo de 1877 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Somerset, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLangport (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Redactor xefe The Economist
1861 – 1877
← Richard Holt Hutton (pt) TraducirDaniel Conner Lathbury (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversity College de Londres Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía e filosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónxornalista, político, empresario, ensaísta, enxeñeiro, politicólogo, sociólogo, economista, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorThe Economist (1861–1877) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeElizabeth Wilson Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Watson Bagehot Editar o valor en Wikidata  e Edith Stuckey Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica
Dictionary of National Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1215926

Walter Bagehot, nado o 3 de febreiro de 1826 e finado o 24 de marzo de 1877, foi un home de negocios, ensaísta e xornalista, que escribiu extensamente sobre literatura, política, economía e outros moitos asuntos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bagehot naceu en Langport, Somerset, Inglaterra, seu pai, Thomas Walter Bagehot, era xerente e vicepresidente de Stuckey's Banking Company. El estudou no University College de Londres, onde cursou matemáticas e realizou un máster en filosofía intelectual e moral[1].

Traballou con seu pai desde 1852 e escribiu para varios xornais, logo durante dezasete anos foi o editor de The Economist, xornal que fora fundado polo seu sogro (James Wilson). Despois de asumir a dirección en 1860, engadiu a The Economist' información sobre os Estados Unidos e política, aumentando a influencia do xornal entre os medios políticos.

En 1867, escribiu un libro titulado The English Constitution no cal explora a constitución do Reino Unido, especificando o funcionamento do Parlamento e a monarquía británica e os contrastes entre o goberno británico e o americano. O libro converteuse nun manual que se traduciu a varias linguas.

Tamén escribiu Physics and Politics (1872), no cal acuñou a expresión aínda en uso no mundo anglosaxón "the cake of custom" para referirse á tensión entre as institucións tradicionais e a innovación. Lombard Street (1873), explica o mundo das finanzas e da banca, e especialmente como resolver crises financeiras. Polas súas contribucións á teoría sociolóxica a través dos estudos históricos, Bagehot pode ser comparado co seu contemporáneo, Henry James Sumner Maine.

Despois da súa morte publicouse unha colección cos seus ensaios económicos, literarios e políticos.

Cada ano a Political Studies Association británica outorga o Premio Walter Bagehot á mellor disertación no campo da administración pública e gobernativa.

Lombard Street, 1873

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]