William Beckford
William Thomas Beckford, nado o 1 de outubro de 1760 e finado o 2 de maio de 1844, foi un novelista, crítico de arte e político inglés. Foi membro do Parlamento de 1784 ata 1790 por Wells[1], e por Hindon de 1790 ata 1795 e de novo entre 1806 e 1820.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Beckford naceu na mansión familiar en Soho Square 22[3]. Cando tiña dez anos herdou unha importante fortuna do seu pai William Beckford que consistía nun millón de libras en metálico, terras en Fonthill en Wiltshire e varias plantacións de azucre en Xamaica. Esta seguridade económica permitiulle desenvolver o seu interese na arte e na arquitectura, así como tamén escribir, mesmo recibiu clases de Wolfgang Amadeus Mozart.
En 1783 casou con filla do conde de Aboyne, Margaret Gordon, aínda que Beckford era bisexual e tras ser acusado de seducir a William Courtenay, fillo do conde de Devon, tivo que se exiliar acompañado da súa dona. En 1786 publicou a súa obra máis coñecida, a novela gótica Vathek (1786), escrita orixinalmente en francés uns anos antes. Os seus outros escritos máis coñecidos son Memoirs of Extraordinary Painters (1780), unha obra satírica, e Letters from Italy with Sketches of Spain and Portugal (1835), un libro de viaxes. En 1793 visitou Portugal, vivindo alí durante un tempo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The House of Commons. Constituences Beginning whith W" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 14 de setembro do 2017.
- ↑ "The House of Commons. Constituences Beginning whith H" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 14 de setembro do 2017.
- ↑ "Soho Square Area: Portland Estate, No. 22 Soho Square" (en inglés). Consultado o 14 de setembro do 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: William Thomas Beckford |
- Beckfordiana: The William Beckford Website
- O seu obituario, Bath and Cheltenham Gazette, p. 3
- Edición online de Vathek
- A Visit to Fonthill