Saltar ao contido

Túnica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Traballador romano vestido cunha túnica

Na Roma antiga, a túnica era unha peza de roupa propia dos dous sexos, que se levaba como roupa interior, axustada ao corpo.

A túnica cinxíase á cintura e chegaba á altura de media coxa. Os homes vestían unha camisa curta e ampla de la confeccionada con varias pezas cosidas e con mangas moi curtas. Era unha peza de uso común e a única limitación era que non se debía deixar ver asomar por baixo da toga.

A túnica lacticlavia usábana os patricios e os senadores e tiña unha franxa ancha de púrpura que descía desde o escote para baixo. Esta orla recibía o nome de clavus.

A túnica angusticlavia, empregada polo censo ecuestre (os cabaleiros), tiña o clavus máis estreito.

A túnica palmata levábana os xenerais triunfadores por baixo da toga picta, era de cor púrpura e ía adornada con palmas douradas.

A túnica dalmática era longa (descía por baixo dos xoellos) e tiña mangas amplas. Foi no principio sinal de luxo mais acabou substituíndo a stola e usábana no Baixo Imperio tanto os homes como as mulleres.

A túnica paragauda tiña mangas moi grandes.

A túnica manicata, ou seja, con mangas longas, considerada efeminada e só se empregou no Baixo Imperio.

As mulleres usaban túnica dobre e a exterior cubríase cunha stola.