Saltar ao contido

Tarazona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTarazona
Imaxe

Localización
Mapa
 41°54′16″N 1°43′27″O / 41.9044, -1.7242
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Zaragoza Editar o valor en Wikidata
CapitalTarazona Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.720 (2023) Editar o valor en Wikidata (43,93 hab./km²)
Xeografía
Parte de
DioceseDiocese de Tarazona Editar o valor en Wikidata
Superficie244 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude480 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Turiasso (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataLuis María Beamonte (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal50500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE50251 Editar o valor en Wikidata
Ben de interese cultural
IdentificadorRI-53-0000064

Páxina webtarazona.es Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452036

Tarazona é un concello español da comunidade autónoma de Aragón, situado na provincia de Zaragoza e cabeza da comarca de Tarazona e o Moncayo. Tamén é sede dun bispado. A súa poboación, en 2005, era de 10.875 habitantes

Áchase no val medio do río Queiles, a unha distancia de 86 km da capital autonómica, Zaragoza, a 20 km do monte Moncayo e o seu parque natural e a 15 km do mosteiro de Veruela. Pese a non estar situada nun dos principais eixes de comunicación, a industria exerce un papel moi importante na súa economía.

Durante a época romana Tarazona foi unha próspera cidade, cuxos habitantes adquiriron o dereito romano (é dicir, gozaban de pleno dereita a cidadanía romana), de nome Turiaso. No Baixo Imperio, a cidade, que adquirira rango episcopal, viuse atacada durante a rebelión dos bagaudas, que a saquearon e asasinaron o seu bispo. Coa caída do imperio sufriu, igual que o resto de zonas urbanas, a decadencia, que sería compensada logo da invasión islámica.

Tarazona foi reconquistada en 1119 por Afonso I de Aragón, recuperando a sé episcopal. Despois da morte de Afonso I, Tarazona ficou como unha cidade fronteiriza entre Castela, Navarra e Aragón, logrando especial importancia estratéxica.

Durante toda a Idade Media conviviron na cidade cristiáns, xudeus e musulmáns. A presenza musulmá ficou reflectida na arquitectura de edificios de estilo mudéxar, como a catedral. Coa expulsión dos mouriscos, a cidade sufriu unha profunda crise.

No século XIV, foi ocupada polas tropas castelás durante nove anos, ao longo dos cales a catedral sufriu diversos danos.

Xa no século XX, converteuse nun importante centro industrial, especialmente na produción de fósforos e téxtil, que a partir dos anos 80 foron substituídas por outras industrias. Actualmente ten unha importante actividade turística, para o que conta con bos hoteis e restaurantes e unha excelente cociña rexional.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]

Tarazona é unha esvelta cidade monumental. Destaca a maxestosa catedral de Nosa Señora da Horta de estilo gótico-mudéxar, que leva a restaurarse desde ha máis de 20 anos.

De grande interese é tamén a fachada da Casa do Concello, do século XVI, xunto coa portada renacentista coas figuras de Hércules (suposto mítico fundador da cidade), Pierres, Caco (seres mitolóxicos supostos habitantes do próximo Moncayo) e da procesión de coroamento do emperador Carlos V en Boloña. A praza, antigo lugar onde se celebraba o mercado urbano, é lembrada por Gustavo Adolfo Bécquer nas súas Rimas y Leyendas.

Outros lugares

[editar | editar a fonte]

O conxunto monumental da Xudaría, corresponde ao antigo barrio dos hebreos da cidade.

Ademais, entre outras edificacións:

  • Convento de Nª. Sª. da Mercé, dos séculos XVI e XVIII.
  • Convento das Carmelitas de Santa Ana, do s. XVII.
  • Convento das Franciscanas de Nª. Sª. de la Concepción, dos séculos XIV e XVI.
  • Convento de Carmelitas de San Xoaquín, do século XVII.
  • Convento de San Gaudioso, do século XVIII.
  • Igrexa da Magdalena, dos séculos XII e XVI, con alto campanario mudéxar.
  • Igrexa de San Atilano, do século XVIII.
  • Igrexa de San Miguel, dos séculos XIV e XVI.
  • Igrexa de San Vicente Mártir, do século XVII.
  • Igrexa de San Francisco, do século XVI.
  • Igrexa do Carmo, do século XVIII.
  • Ermida da Virxe do Río, do século XVII.
  • Pazo Episcopal, dos século XIV - XV; o pazo acolle a Exposición Permanente de Arqueoloxía.
  • Casa de Linares, dos séculos XVI e XVII.
  • Teatro Vello, edificio dos séculos XVI-XVII.
  • Praza de Touros Vella, de 1792, de forma octogonal, convertida en vivendas civís.
  • Teatro das Artes, teatro de tipo italiano de 1921.
  • Mesquita de Tortiles, antiga mesquita islámica.
  • Pazo e Xardín de Eguaras, do século XVI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]