Telenor Hungría
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Telenor Hungría | |
---|---|
Tipo | empresa de telecomunicações e negocio |
Data de fundación | 1994 |
Nº de empregados | 1.060 |
Organización matriz | PPF, Telenor e 4iG |
Sede | Törökbálint |
País | Hungría |
Na rede | |
https://www.yettel.hu | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Telenor Magyarország (en galego, Telenor Hungría) (antigamente Pannon e Pannon GSM) é a segunda compañía máis grande de telefonía móbil en Hungría.
Telenor Hungary Ltd. foi fundada como Pannon GSM Telecommunications Ltd. no ano 1994. Xa no ano 2003, a compañía pasou a ser completamente da propiedade de Telenor.
Historia
[editar | editar a fonte]En novembro do ano 1993 Pannon GSM Telecommunications Ltd. asinou o acordo da concesión do inicio das actividades, foille concedida, e en marzo do ano seguinte comezou a operar na frecuencia de 900 MHz. No ano 1999 a compañía gañou o concurso para a banda de frecuencia 1.800 MHz. En novembro do 2000 comezou a operar na frecuencia de 1.800 MHz en Budapest, e en marzo do ano 2001, en todo o país.
A cobertura chega ao 99% de Hungría. A empresa ten 13 centros de conmutación, máis de 1500 estacións de base e máis de 1.700 empregados.
No ano 2001 tivo un beneficio de 132,8 billóns de floríns (HUF) e antes de impostos de 18,7 billóns de floríns (HUF).[Cómpre referencia]
O 31 de xaneiro do ano 2003 a compañía tiña 2.627.000 de clientes representando o 40% do mercado da telefonía húngara, estando ese ano o mercado da telefonía húngara repartido entre tres compañías.
O 14 de febreiro de 2006, a compañía cambiou a súa imaxe corporativa á marca de Pannon, mellorando deste modo a imaxe da empresa, en liña coa nova identidade da corporación Telenor.
O 18 de maio do ano 2010, a compañía cambiou o seu nome ao de Telenor.