Televisión en 3D
A televisión en 3D utiliza técnicas de estereoscopia para difundir imaxes con sensación relevo nun televisor.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]Aínda que xa se demostrara a televisión en 3D data de 1929[1] non se desenvolveu minimamente como ocorreu no cinema que tivo un primeiro auxe na década de 1950 [2]. O seu desenvolvemento comezou coa chegada da tecnoloxía dixital que fai posible evitar ou diminuír a fatiga do ollo humano, pero a súa implantación depende da calidade de visión, da dispoñibilidade de contido, da compatibilidade coa infraestrutura actual e do desenvolvemento do Multiview Video Coding[3]. Na actualidade non existe un estándar común para a televisión 3D e cada fabricante emprega os seus. Nalgúns países existen algunhas canles que emiten contidos 3D, a primeira foi a xaponesa BS11 que emite desde a súa aparición en decembro de 2007[4] algunhas horas ao día en 3D.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Haldun M. Ozaktas, Levent Onural Three-Dimensional Television: Capture, Transmission, Display, p.1
- ↑ Joel Waldo Finler The Hollywood story, p.33
- ↑ Borko Furht Encyclopedia of multimedia: A-Z, p.867
- ↑ "Inside the world's first 3D satellite broadcaster, Techradar". Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2010. Consultado o 18 de decembro de 2010.