Saltar ao contido

Terra Mariana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTerra Mariana

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°N 25°L / 57, 25
CapitalRiga Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creación1207 Editar o valor en Wikidata
Disolución1561 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porEstônia sueca (pt) Traducir, Ducado da Curlândia e Semigália (pt) Traducir e Ducado da Livônia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Terra Mariana, tamén coñecida como a Conferedación de Livonia, foi unha entidade política e cultural que existiu desde o ano 1207 ata o 1561 en territorio das actuais Estonia e Letonia. A denominación Terra Mariana, en latín significando Terra de María, era unha referencia á Virxe María, santa patroa da Orde Livonia, a forza principal detrás da fundación da confederación.

A Orde Livonia foi unha orde católico-militar fundada no século XII para conquistar e cristianizar as tribos bálticas pagás. A coñecida como Cruzada de Livonia protagonizada maioritariamente por alemáns do Sacro Imperio Romano Xermánico e daneses acabou coa conquista do territorio. Estas terras na costa oriental do mar Báltico foron os últimos confíns de Europa en ser cristianizados. Trala conquista e apoiados pola Orde Teutónica establecen a confederación da Terra Mariana o 2 de febreiro de 1207​ como principado do Sacro Imperio Romano Xermánico para perder tal status no 1215, cando o papa Inocencio III a designa territorio baixo vasalaxe da Santa Sede. A terra foi dividida en seis principados feudais deseñados polo legado apostólico Guillerme de Módena: arcebispado de Riga e Pierīga, bispado de Curlandia, bispado de Dorpat, bispado de Ösel-Wiek, as terras gobernadas polos Irmáns Livonios da Espada e o dominio directo do rei de Dinamarca o ducado de Estonia.​

A capital da Terra Mariana era a cidade de Riga.

A confederación medrou como un nexo comercial europeo e participou asiduamente na política alemá, danesa, sueca e rusa.

Culturalmente as ordes critiáns impuxeron os seus costumes e tradicións aos locais.

Segundo Henrique de Livonia, o bispo Alberte de Riga enfatizou ao papa Inocencio III a importancia das cruzadas na Terra Mariana e a súa asociación a María, nai de Xesús en correspondencia enviada para o Concilio de Letrán IV en 1215.[1]

Santo Pai, así como aprecias a Santa Terra de Xerusalén, casa do Pai, considera así non abandonar Livonia, a terra da Nai

En 1561, durante a Guerra de Livonia, a Terra Mariana deixou de existir. As rexións septentrionais cedéronse ao Imperio sueco como o Ducado de Estonia, os seus territorios meridionais integráronse no Gran Ducado de Lituania, o Ducado de Curlandia e o Ducado de Livonia. A illa de Saaremaa integrouse no reino de Dinamarca.

  1. "The Medieval Catholic “Land of Mary”". 08 de febreiro de 2023. Consultado o 13 de decembro de 2023.