Saltar ao contido

Tratado de Baiona (1388)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estandarte da Coroa de Castela

O tratado de Baiona foi un convenio asinado en Trancoso e ratificado en Baiona en 1388 entre Xoán I de Castela, por unha banda, e Xoán de Gante e Costanza de Castela, por outra, polo que se puxo fin ao conflito sucesorio da coroa castelá desencadeado pola deposición de Pedro I de Castela por Henrique II de Castela. Xoán de Gante chegara a un acordo coa nobreza do reino de Galiza, fora coroado en Compostela e reclamaba tamén os reinos de Portugal, Castela e León[1].

Estandarte do duque de Lancaster.

No Tratado de Baiona prometíase o matrimonio dos herdeiros de ambas as liñas: Henrique (fillo de Xoán I de Castela) e Catarina de Lancaster (filla de Xoán de Gante e Costanza de Castela). Ambos recibirían o título de Príncipes de Asturias e sucederían a Xoán I, uníndose ambas as liñas na persoa dos seus herdeiros. Ademais, todos os fillos de Pedro I que seguían no cárcere deberían ser postos en liberdade, e os que estaban no exilio podían volver a Castela. O tratado incluía a obriga do rei de Castela de pagar unha indemnización de 600 000 francos ouro aos Lancaster, que se fixo efectiva ese mesmo ano.[2][3]

O matrimonio tivo lugar, pero non todos os fillos foron liberados. Hai constancia de que Xoán de Castela permaneceu no cárcere de Soria até a súa morte.

  1. Diario, Nós (2019-08-05). "Xoán de Gante, duque de Lancaster e rei da Galiza". Nós Diario. Consultado o 2022-06-17. 
  2. López de Ayala, Pedro ; 1780; Condicións do tratado en:. "Crónicas de los reyes de Castilla Don Pedro, Don Enrique II, Don Juan I, Don Enrique III" (en castelán). imprenta de Don A. de Sancha. 
  3. Colección de documentos inéditos para la historia de España (en castelán). Madrid Impr. de J. Perales y Martínez [etc.] 1842.