Saltar ao contido

Desoxicitidina trifosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Trifosfato de desoxicitidina»)
Desoxicitidina trifosfato
Identificadores
Número CAS 2056-98-6
PubChem 65091
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C9H16N3O13P3
Masa molecular 467,156923

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A desoxicitidina trifosfato ou trifosfato de desoxicitidina, abreviado como dCTP, é un nucleósido trifosfato formado polo nucleósido desoxicitidina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula está formada polo azucre desoxirribosa enlazada coa base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' do azucre e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificado no carbono 5' cos fosfatos unidos entre si por enlace anhidro.

A dCTP intervén na síntese do ADN. O dCTP chega á zona onde se está producindo a replicación do ADN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato, e únese á cadea de ADN en formación como dCMP.

A dCTP orixínase por fosforilación do dCDP cun fosfato cedido polo ATP en reacción catalizada por unha quinase [1].

ATP + dCDP ADP + dCTP
  1. Lehninger A. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Barcelona. Páxina 390. ISBN 84-282-0738-0