Unión Internacional para a Conservación da Natureza
Aparencia
Unión Internacional para a Conservación da Natureza | |
---|---|
Acrónimo | IUCN, МСОП, UICN, МСОП, UICN, AICD, UICN, ԲՊՄՄ, UICN, IUBN, ХТҚО, МСЗП, МУЗП e MUZP |
Tipo | organización non gobernamental internacional e editorial académica |
Área de operación | mundial |
Data de fundación | 5 de outubro de 1948 |
Presidente/a | Razan Khalifa Al Mubarak (pt) (2021-) |
Director/a | Bruno Oberle |
Nº de empregados | 1.100 |
Organización subsidiaria | Large Carnivore Initiative for Europe |
Premios | Premio Príncipe de Asturias da Concordia |
Sede | Gland |
En | Gland |
País | Suíza |
Na rede | |
https://www.iucn.org, https://www.iucn.org/fr e https://www.iucn.org/es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), (en inglés: International Union for Conservation of Nature and Natural Resources, IUCN), é unha organización internacional dedicada á conservación dos recursos naturais.
Fundada en 1948, ten a súa sede en Gland (Suíza). A IUCN reúne 78 estados, 112 axencias de goberno, 735 ONGs e miles de expertos e científicos de 181 países.
A misión da IUCN é influenciar, estimular e asistir sociedades en todo o mundo na conservación da integridade e biodiversidade da natureza, e asegurar que calquera uso dos recursos naturais sexa equitativo e ecoloxicamente sustentábel.
As Categorías de Áreas de Manexo Protexido que existen son as seguintes:
- Ia - Reserva Estrita da Natureza
- Área de terra e/ou mar que posúe algún ecosistema, aspecto e/ou tipo xeolóxico ou fisiolóxico, importante ou representativo, dispoñíbel primariamente para investigación científica e/ou monitoramento ambiental.
- Ib - Área Salvaxe
- Grande área de terra e/ou mar non modificada ou pouco modificada, que mantén o seu carácter e influencia naturais, sen habitación permanente ou significativa, que é protexida e manexada de modo a preservar a súa condición natural.
- II - Parque Nacional
- Área natural de terra e/ou mar, destinada a:
- protexer a integridade ecolóxica dun ou máis ecosistemas para a xeración actual e as futuras;
- excluír a exploración ou ocupación inimiga dos propósitos indicados para a área;
- fornecer unha base para oportunidades espirituais, científicas, educativas, recreativas e de visita, que deben ser todas ambiental e culturalmente compatíbeis.
- III - Monumento Natural
- Área contendo unha, ou máis, características naturais ou culturais que son de valor significativo ou único debido á súa rareza, calidades representativas ou estéticas, ou significado cultural inherente.
- IV - Área de Manexo de Hábitat/Especie
- Área de terra e/ou mar suxeita a intervención activa co propósito de manexo para garantir a manutención de hábitats e/ou satisfacer as necesidades de especies específicas.
- V - Paisaxe/Costa Protexida
- Área de terra ligada á costa e ao mar, onde a interacción entre persoas e natureza ao longo do tempo produciu unha área de carácter distinto con valor estético, ecolóxico e/ou cultural significativo, xeralmente con grande diversidade biolóxica. Salvagardar a integridade desta interacción tradicional é vital para a protección, manutención e evolución de tal área.
- VI - Área Protexida de Manexo de Recursos
- Área que contén predominantemente sistemas naturais non modificados, manexada para garantir protección e manutención a longo prazo da diversidade biolóxica, aínda que suplindo ao mesmo tempo un fluxo sustentábel de produtos naturais e servizos para satisfacer as necesidades da comunidade.