Universidade Autónoma de Barcelona
Aparencia
Universitat Autònoma de Barcelona | |
---|---|
As columnas da UAB, monumento da universidade. | |
Datos xerais | |
Localización | Bellaterra |
Datos actuais | |
Reitor | Margarita Arboix Arzo |
Alumnos | 37.166 |
Datos de contacto | |
Enderezo | Praza Cívica, Campus da UAB Bellaterra, Barcelona |
Páxina web | http://www.uab.cat/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade Autónoma de Barcelona (en catalán: Universitat Autònoma de Barcelona) é unha universidade pública de Cataluña (España), creada en 1968. A maior parte dos seus centros docentes e servizos extra-académicos están no Campus de Bellaterra situado en Cerdanyola del Vallès (Vallès Occidental). Ten tamén centros docentes en Sabadell, Sant Cugat del Vallès, Manresa e na cidade de Barcelona. Conta con 37.166 alumnos e 3.262 profesores.[1]
Forma parte da Rede de Universidades Instituto Joan Lluís Vives.
A UAB imparte 77 titulacións de grao, 328 programas de posgrao e 90 programas de doutoramento.
Centros docentes
[editar | editar a fonte]- Escola de Enxeñaría
- Escola Universitaria de Deseño e Arte, EINA
- Facultade de Biociencias
- Facultade de Ciencias
- Facultade de Ciencias da Comunicación
- Facultade de Ciencias da Educación
- Facultade de Ciencias Políticas e Socioloxía
- Facultade de Dereito
- Facultade de Economía e Empresa
- Facultade de Filosofía e Letras
- Facultade de Medicina
- Facultade de Psicoloxía
- Facultade de Tradución e Interpretación
- Facultade de Veterinaria
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Fundación Universidad.es". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2010. Consultado o 10 de novembro de 2011.