Urðarbrunnr
Urðarbrunnr (Antigo nórdico "Pozo de Urðr"; ou tamén referido ó concepto xermánico de destino —urðr— ou á norn chamada Urðr[1]) é un pozo de auga da Mitoloxía nórdica. Urðarbrunnr aparece atestado na Edda poética, compilada no século XIII a partir de distintas fontes tradicionais, e na Edda prosaica, escrita no século XIII polo islandés Snorri Sturluson. En ámbalas fontes, o pozo atópase baixo a árbore do mundo Yggdrasil, e é asociado co trío das Norns (Urðr, Verðandi e Skuld). Na Edda prosaica, Urðarbrunnr é citada como un dos tres pozos que existen baixo as raíces de Yggdrasil, que están localizados en tres terras diferentes; os outros dous pozos son Hvergelmir, localizado baixo a raíz en Niflheim, e Mímisbrunnr, localizado preto do fogar dos jötnar de xeo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Simek (2007:342).