Saltar ao contido

Voivodina serbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa da Voivodina serbia.

A Voivodina serbia (en serbio cirílico Српска Војводина, en serbio latino Srpska Vojvodina) foi unha efémera provincia serbia autónoma no seo do Imperio austríaco.

Proclamada no curso da Revolución de 1848, existiu até 1849, ano no que pasou a formar parte doutra provincia austríaca, o Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar.

A Asembela de maio, cadro de Pavle Simić.

No curso da revolución de 1848, os húngaros do Imperio austríaco pediron máis dereitos nacionais, así como unha autonomía no seo do Imperio. Pero, ao mesmo tempo, eles non recoñecían os dereitos das outras nacionalidades que vivían no Reino de Hungría.

Desexando expresar a súa propia individualidade nacional e enfrontados ás novas autoridades húngaras, e inmersos na vaga das revolucións románticas e nacionalistas de mediados do século XIX, os serbios de Voivodina proclamaron unha constitución establecendo unha Voivodina serbia, dentro do Imperio austríaco.

Dita proclamación tivo lugar no curso da Asemblea de maio (en serbio, 'Мајска скупштина / Majska skupština), que se celebrou do 13 ao 15 de maio de 1848 en Sremski Karlovci.

A Voivodina serbia estaba constituída pola Sirmia, a Bačka, o Banato e a Baranja.

Josif Rajačić.

Os serbios estableceron ao mesmo tempo unha alianza política co Reino de Croacia "fundementada sobre a liberdade e unha igualdade total". Así mesmo, recoñeceron a nacionalidade romanesa.

Stefan Supljikac.

O metropolita de Sremski Karlovci, Josif Rajačić, foi elixido Patriarca, mentres que Stevan Šupljikac foi o primeiro voivoda (duque) da provincia. Formouse un Comité Nacional que veu ser o primeiro goberno da Voivodina serbia, substituíndo ao antigo feudalismo.

O goberno húngaro respondeu coa forza. O 12 de xuño de 1848 , comezou unha guerra entre serbios e húngaros. Os austríacos puxéronse ao lado sos seus socios húngaros, pedindo aos serbios que "se retiraran e obedeceran", Os serbios, por outra parte, estaban apoiados por outros serbios chegados do veciño Principado de Serbia.

A consecuencia deste conflito foi a vitoira dos conservadores (partidarios de seguir os consellos do Emperador). Ao final da revolución, os austríacos volvéronse contre os húngaros, mentres que os medios feudais e clericais se aliaron con Austria. As tropas serbias de Voivodina xuntáronse ás dos Habsburgo para reprimir a revolución húngara. Coa axuda da Rusia imperial, as revolucións en Austria foron vencidas no verán de 1849.

Despois do intento da revolución, en novembro de 1849, o emperador de Austria creou o territorio imperial coñecido polo nome de Voivodato de Serbia e Banato de Temesvar.

A primeira capital da Voivodina serbia foi Sremski Karlovci. Despois pasou a ser Zemun, Veliki Bečkerek (Zrenjanin) e, finalmente, Temišvar (Timișoara).

Bandeira e escudo

[editar | editar a fonte]

O escudo de armas da Voivodina serbia era esencialmente o que tiñan baixo os Habsburgo austríacos, co escudo dos serbios (a Cruz de Serbia con catro letras "S" en caracteres cirílicos, que reflectía o lema nacional serbio "Só a unidade salva aos serbios" (Samo sloga Srbina pasava) nos cofres da aguia negra. O portador das armas serbias era a austríaca aguia bicéfala negra, en lugar da serbia branca, co fin de demostrar a fidelidade do voivodato á Corte Imperial de Viena. O escudo de armas simplemente se engadiu á tricolor bandeira nacional serbia (vermella, azul e branca, en franxas horizontais). Polo tanto a bandeira difería da do Principado de Serbia en que tiña unha armas diferentes (pola cor da aguia bicéfala) en medio da bandeira.

Gobernantes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dr Dušan J. Popović, Srbi u Vojvodini, knjiga 3, Novi Sad, 1990.
  • Sima M. Ćirković, Srbi među evropskim narodima, Beograd, 2004.
  • Lazo M. Kostić, Srpska Vojvodina i njene manjine, Novi Sad, 1999.
  • Drago Njegovan, Prisajedinjenje Vojvodine Srbiji, Novi Sad, 2004.
  • Dejan Mikavica, Srpska Vojvodina u Habsburškoj Monarhiji 1690-1920, Novi Sad, 2005.
  • Vasilije Krestić, Iz prošlosti Srema, Bačke i Banata, Beograd, 2003.
  • Milan Tutorov, Banatska rapsodija, Novi Sad, 2001.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]